Comezamos xogando co máis sinxelo, con pauciños, paus do monte, buscando a súa identidade. Co paso dos días descubrimos que era o pau quen nos movía a nós e non ao revés. Xurdiron historias cómicas, poéticas, dramáticas. Na segunda parte deste obradoiro manipulamos obxectos da vida cotiá na procura da súa metáfora para contar o conto. As alumnas e alumnos xa son un gran equipo que se xunta para contar os Contos da Pota, ou os Contos da Granxeira. Fai falla moita imaxinación e moitas ganas de xogar co noso imaxinario e contos, fan falla moitos contos…Aquí os podedes ver.
Moito me gusta o que fago, contar, actuar, xogar, crear, … Hoxe, nun dos institutos nos que actuei, unha alumna de 16 anos tíñame preparada esta carta, leuna diante de todos os seus compañeiros cómplices. Así se anima a ler, é a miña modesta opinión.
Xa está dispoñible o catálogo de actividades de Ler Conta Moito, o programa de dinamización da lectura que a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
E entre as actividades seleccionadas para incorporarse ó catálogo de este ano 2016, encóntranse dous dos meus espectáculos de contos: Mariña, contos nacidos do mar, e A Orixe:
Mariña foi unha serea galega que viviu entre nós hai moitos anos. Ao seu fillo contáballe lendas e mitos dos seres mariños que poboaban os fondos do mar. Agora comparte con nós todas as súas historias e traenos unha mensaxe moi urxente de parte do océano, que o coidemos e que non esquezamos que nas súas augas naceu a vida.
A Orixe é un espectáculo de narración oral, manipulación de obxectos e monicreques. Unha exploradora chega á biblioteca para compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións polo mundo. Ante os nenos e nenas dramatizará as lendas e contos coa axuda de pequenos tesouros recollidos nas súas viaxes.
Alí falamos do Festival e promocionamos a representación do espectáculo de narración oral “Lo que Dulcinea tiene que contarte” que esa misma tarde tería lugar no Museo de Arte de Lima (MALI):
Pola noite, en compañia dunha das voces novas do Festival, Alfonso “Fonchy” Mendoza, collemos o autobús nocturno que nos levaría tras once horas de serpear pola estreita estrada que une Lima con Oxapampa, no departamento de Pasco.
Alí agardaba por nós un todoterreno do serenazgo (policía municipal) que nos trasladou ata a Comunidade Nativa Yanesha de Tsachopén.
Aquí encontrámonos con Edwin Eduardo Ortiz Espíritu, un fascinante narrador Yanesha que foi ademáis o noso excelente anfitrión durante a nosa estadía.
Esta mesma tarde Fonchy mais eu actuamos na Casa Comunal da Comunidade. xunto a Edu Ortiz, que nesta ocasión non narrou, seno que actuou co seu elenco de danza tradicional Yanesha.
Edu Ortiz (primeiro pola esquerda) e o elenco de danza tradicional Yanesha:
O dia seguinte, luns 14 de setembro agardábanos un intenso percorrido por outras poboacións da rexión. Pola mañá narramos no salón de actos do Distrito de Chontabamba:
Despois de almorzar, dirixímonos de novo a Oxapampa, onde nos agardaban no Salón de Actos da Municipalidade.
Representantes da municipalidade entrégannos un obsequio trala representación:
E despois de cenar, tomamos de novo o autobús nocturno que nos levaría de regreso a Lima.
A Asociación Cultural Wasi, organiza dende o 2011 o Festival Internacional de Narración Oral do Perú: TODAS AS PALABRAS, TODAS!. É un proxecto sociocultural que congrega a narradores de varias partes do mundo xunto a representantes peruanos (profesionais e novas voces). De este xeito buscase promover a identidade cultural, a diversidade, a integración, a valorización e o coidado da memoria dos pobos, o respecto ás diferencias, a promoción da lectura e o desenrolo económico sostible.
As actividades promovidas polo Festival nesta V edición tiveron lugar de xeito simultánea en nove rexións do Perú: Lima, Loreto, Amazonas, La Libertad, Cusco, Arequipa, Ayacucho, Áncash, e Pasco, dende o 28 de agosto ata o 22 de setembro.
Partín do aeroporto de Santiago de Compostela rumbo a Lima o xoves 10 de setembro, con mi cestiño coma equipaxe de man e nada mais nin nada menos que declarar na aduana que estaba cheo de contos e historias. Un traxecto de 11 horas que grazas á maxia dos usos horarios, apenas durou 3 horas no tempo oficial 🙂
O vernes 11 de setembro comecei a xira no emblemático Vichama Teatro, en Villa El Salvador. Esa mañá Dulcinea contoulles o que les tiña que contar ós rapaces que enchían o teatro.
Despois de almorzar regresamos ao metro de Lima, onde ten lugar outra interesante iniciativa: as historias pasaxeiras Na liña 1 do Metro, dende a estación La Cultura ata Villa el Salvador, en compañía dos contadores Bolo Bautista, Silencio El Viajero e Gonzalo Paiva narramos contos para os viaxeiros. Esta actividade vense realizando dende o ano 2012.
Uns intres de descanso na estación antes de comezar un novo traxecto:
Despois de facer en dúas ocasións o traxecto “La cultura – Villa el Salvador” regresamos ao Teatro Vichama para una función colectiva na que participaría cos narradores Bolo Bautista, Miguel “El Chato” Álvarez, Walner “El Duende” Jaramillo e Silencio El Viajero.
De esquerda a dereita; Miguel “El Chato” Álvarez, Cosset González, César “Wayqui” Villegas, eu misma (Raquel Queizás), Daniel Piñeiro, Bolo Bautista, Gonzalo Paiva Villafuerte, Walner “El Duende” Jaramillo e sentados Bolo Bautista e Silencio El Viajero:
E así foi o meu intenso primeiro día en Perú, en Lima e no Festival Todas as Palabras Todas!
Cumprindo a lei 34/2002, de 11 de xuño, de servizos da sociedad da información e de comercio electrónico (LSSI), informolle que esta páxina emprega cookies. Coñece máis.