Comeza a viaxe con María Victoria Moreno, por terra, mar e aire. Ela amou a nosa terra desde a paisaxe, a xente e por suposto a lingua que fixo súa. Unha mestra de conto nos ensina o que non está nos libros e nos conduce ata Portosouril, a aldea máis fermosa de Galicia.
Alí entraremos no faiado da memoria para coñecer á boneca Uxía e a Gato. Escoitaremos á valente Pombapitiña que non tiña medo do galo don Pío. E navegaremos no Arroas, unha escola da vida en alta mar.
Da man desta Principiña coñeceremos moitos libros amigos que espertaran en nós o amor pola lectura, o amor polos animais, o amor polas historias de vida, o amor pola ensinanza de corazón.
RUTA PROPIA
Dirección e interpretación: Raquel Queizás.
Artefacto escénico: Titereluis
Monicreques e debuxos: Raquel Queizás
Espazo sonoro: Alvariza, Once Badaladas
Audiovisuais: Daniel Piñeiro
Fotografías: Alba Sotelo Leal
Duración do espectáculo: 50 minutos.
Montaxe: 60m Desmontaxe: 30m
Público: Nenas e nenos a partir de 3 anos. Público familiar.