Que privilexio volver á Universidade da Coruña para impartir o obradoiro de narración oral inclusiva CONTO CONTADO! Unha xornada inesquecible que uniu a alumnado de Espazo Compartido e futuras/os mestras/os de 2º de Infantil da Facultade de Ciencias da Educación.Aprendemos a usar o conto como ferramenta educativa e expresiva
Voz e Dicción: Técnicas para atrapar ao público infantil.
Corpo e Xestos: Dando vida aos personaxes, fomentando a expresión emocional.
A creatividade, a imaxinación e a inclusión foron as nosas claves para xerar confianza e comunicación entre todas e todos os participantes.Grazas por esta experiencia tan enriquecedora e chea de maxia! ✨ Unha ledicia volver a compartir con vós. A seguir xogando cos contos!
Grazas polas vosas verbas:
O obradoiro foi impartido pola filóloga, actriz e titiriteira Raquel Queizás, quen nos guiou nunha viaxe polos contos clásicos como “Os 7 cabritiños”, “O coelliño branco” e “A galiña roxa”.Durante a sesión aprendemos a contar contos como ferramenta educativa e expresiva, practicando técnicas para proxectar a voz, coidar a dicción e manter a atención do público infantil. Tamén exploramos como crear personaxes empregando o corpo, os xestos e a postura, favorecendo a expresión emocional e a representación de diferentes situacións.Ao longo da actividade salientouse a importancia da creatividade e da imaxinación como claves para fomentar a participación, a confianza e a comunicación entre todas e todos os participantes. Unha experiencia divertida, enriquecedora e chea de maxia. Grazas por convidarnos a compartila!
Hoxe fun impartir os obradoiros de “Conto contado” para o alumnado da facultade de Ciencias da Educación da Universidade Coruña. De novo unha experiencia ben fermosa!! Unha honra formar parte!! Agardo que gocedes contando
Cóntao moi ben @montsemurianor:
O que sucedeu hoxe en #DLG2324 merece unha publicación ao grande. Hoxe tivemos a sorte de volver contar coa nosa querida Raquel Queizás, co seu fantástico obradoiro de narración oral. Mais eu quédome con que hoxe o alumnado de @espazocompartido_udc e o de #DLG2324 vivistes -vivimos- unha experiencia única. Xuntas e xuntos somos máis fortes nunha sociedade que aínda ten moito que aprender, moitísimo. Hoxe fostes -fomos- un gran equipo, compañeirxs!! Non me cansarei nunca de darlle as grazas a @thais_pousada por confiar en nós para este proxecto e a Claudia e Ana, as mellores mestras do mundo. Parabéns para todas e todos, compañeirxs!!!
Foi un pracer participar xunto a Soledad Felloza no ciclo “Ler mulleres galegas”que Marta Villar e Micaela Fernández Darriba coordinan para o Centros Galicia de Bos Aires.
O pasado 17 de marzo fun compartir as miñas andainas de contadora cas futuras mestras e mestres do CIFP Portovello. Partillamos cantigas, adiviñas, trabalinguas e contos, pero tamén memoria. Aquela memoria que dorme nos obxectos, aqueles que gardamos con agarimo…
Grazas por contar comigo un ano máis!!
Grazas Mavi, por estar pendente de todo!
Fomos na procura das historias agachadas entre diminutas cunchas mariñas. Rescatamos lembranzas que viven baixo o tic tac do vello reloxio. Xogamos envoltas na nostalxia azul da lene manta.
Grazas a todas por traspasar a pantalla!! Agora a xogar, a recordar e a contar!!
E por suposto, grazas por todas polos vosos comentarios e reflexions sobre o obradoiro!!
Esta fin de semana recuperei, en liña, o obradoiro de narración oral “Brincar coas lendas” que imparto tódolos anos no CIOV, “Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo”. Moi contenta e encantada con estas trasnas e estos trasnos contadores que non pararon de xogar. Grazas por brincar comigo!! . Grazas ao Concello de Vigo, ao Departamento de Normalización Lingüística, por contar comigo un ano máis.
Cumprindo a lei 34/2002, de 11 de xuño, de servizos da sociedad da información e de comercio electrónico (LSSI), informolle que esta páxina emprega cookies. Coñece máis.