A orixe en San Sadurniño

A orixe en San Sadurniño

Festexamos o Día do libro infantil e xuvenil contando na Casa da Cultura de San Sadurniño coas máis cativas do cole. Unha proposta para descubrir o mundo en que vivimos a través das lendas e contos doutros lugares, pero tamén para fomentar o amor polos libros e a lectura que, ao cabo, é unha maneira de formar persoas adultas libres, solidarias e respectuosas coas demais. Grazas, Ana, polas fotos tamén

Este espectáculo encádrase nas actividades da Biblioteca Municipal “Lendo En San Sadurniño” a través do programa Ler Conta Moito da Consellaría de Cultura.

 

 

 

 

Estrea A Orixe na Biblioteca Nodal de Vigo

Estrea de A Orixe, o meu novo espectáculo  narración oral, manipulación de obxectos e monicreques, na Biblioteca Pública Juan Compañel de Vigo.

Unha exploradora chega á biblioteca para compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións polo mundo.

A Orixe é un dos espectáculos seleccionados polo programa de dinamización da lectura nas Bibliotecas Públicas de Galicia,  Ler Conta Moito.

Os nenos e no tan nenos encheron o espazo dedicado as representacións na Biblioteca de Vigo, e desfrutaron moitísimo coas historias que contaba a exploradora.

Contacontos en Vigo

Contacontos en Vigo

X