Coñecedes a Antolín Faraldo?

Naceu en Betanzos hai douscentos anos. Foi un mozo revolucionario, soñador e loitador. Quixo mellorar e dignificar Galicia.

Antolín Faraldo defendeu a liberdade do pobo galego desde os seus artigos, publicados nos xornais da axitada época que lle tocou vivir.

Imos coñecer a verdadeira historia do líder provincialista, do primeiro pensador galeguista, do político valente e xornalista comprometido.

Achegádevos á imprenta, a piques está de saír un novo número do seu xornal
“El Porvenir”.

Espectáculo de narración oral.
Duración 45 minutos.
A partir de 6 anos e público familiar.
Dirixido e interpretado por Raquel Queizás

Agradecementos a Xurxo Martínez González
polas interesantes conversas sobre a súa obra
“Querida liberdade”

X