Nano Canta Croac na Biblioteca Nodal de Ourense
O público encheu a sala infantil da Biblioteca Nodal de Ourense para recibir o novo espectáculo de contos e monicreques para bebés: Nano Canta Croac.
Velaí Nano a descansar despois da función:
O público encheu a sala infantil da Biblioteca Nodal de Ourense para recibir o novo espectáculo de contos e monicreques para bebés: Nano Canta Croac.
Velaí Nano a descansar despois da función:
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Riveira promoveu a visita de Nano a Escola Infantil Municipal de esta vila. Foron dúas funciones a mar de divertidas, as que acudiron a totalidade dos alumnos da Escola.
A actuación foi reseñada por La Voz de Galicia (17-12-2015, edición Barbanza). A dereita Nano mais eu posamos con Alicia Padín, responsable do Servizo de Normalización Lingüística.
Nano canta croac cando está contento, pero hoxe está moi calado. Que lle pasa a Nano?
As veces non é doado saber como nos sentimos. Estamos tristes ou anoxados?
Averigüémolo.
Nano canta croac é un conto musical para axudar aos máis pequechos a expresar como se sinten.
Nano e mais eu regresamos a Escola Infantil Breogán de Santiago de Compostela. E nesta ocasión os pequenos gozaron co espectáculo de contos O Xogo de Nano.
Nano e mais eu tivemos o pracer de ser convidados a participar na II Festival das Nubebés. Este festival de artes escénicas para bebés e familias se celebrou en Pontevedra dende o venres 19 ata este domingo 28 de setembro, cun moi notable éxito de público nos diversos espectáculos para os mais pequenos, así coma nas actividades para profesionais.
No fermoso espazo da Casa das Campás, na zona histórica de Pontevedra os mais pequenos desfrutaron cos Nanocontos, a historia de Nano, a ra que non sabía compartir:
Nano foi a Atlántica, o festival internacional de narración oral que se celebra en Santiago de Compostela. Nun dos patios do Pazo de Bendaña (Sé da Fundación Eugenio Granell), os mais pequenos disfrutaron coas aventuras de Nano.
Parabéns a organización polo traballo realizado e o completo programa de actividades desenrolado nesta II edición do festival.