Nanocontos en Nubebés 2014
Nano e mais eu tivemos o pracer de ser convidados a participar na II Festival das Nubebés. Este festival de artes escénicas para bebés e familias se celebrou en Pontevedra dende o venres 19 ata este domingo 28 de setembro, cun moi notable éxito de público nos diversos espectáculos para os mais pequenos, así coma nas actividades para profesionais.
No fermoso espazo da Casa das Campás, na zona histórica de Pontevedra os mais pequenos desfrutaron cos Nanocontos, a historia de Nano, a ra que non sabía compartir: