Festival ConVino ConCuento de Jumilla

Festival ConVino ConCuento de Jumilla

A ver… Xa teño todo listo, levo “Historias de la maletra” e “Palabras en la boca” para a primeira edición do Festival de Narración Oral ‘ConVino ConCuento’ de Jumilla, Murcia. Que honra estrear este Festival!!!

Agredecidísima a José Luis, o bibliotecario de Jumilla por tanto agarimo recibido, por los hermosos paseos, por visitas a museos, degustación de platos típicos e conversas sempre interesantes. Gracias, amigo!! Unha aperta grande tamén para Rocío, a auxiliar de biblioteca que tamén estivo pendiente de todo,e a Juan e Juan na pola parte técnica.

Feliz da boa acollida que tiveron as miñas sesións de contos, nesta primeira edición do festival de narración oral ConVino ConCuentos Que sexan moitas máis! Grazas ao Concello de Jumilla a súa alcaldesa e concelleira de cultura por levar a cabo e apoiar esta fermosa e necesaria iniciativa cultural.

 

 

 

 

 

Festival de Narración Falando a Boca Chea 2022

E seguen os contos!! Mirade que programa tan completiño ten este ano o festival de narración oral Falando A Boca Chea. Hoxe eu estiven contando no Forum Metropolitano de A Coruña:
 

 


 

Travesías no Festival Galicreques

Non sabedes a alegría e a ilusión que me fixo actuar con Travesías no XXVI Festival Internacional Galicreques de Santiago. Unha ledicia estar tan ben acompañada polo público entregado e a organización agarimosa. Grazas Jorge Rey, Carmen Domenech e equipa Debra, Rosalía…

 

 

 

Festival Atlántica 2020

Agardaban por min para inaugurar a sede de Bertamiráns do Festival Atlántica, en Dospasos, mais no poido ser polo inicio do confinamento. Volverei!, e mentras vouvos botar un conto, non é conto que foi verdade!!!

Toin Toin no Festival de Teatro Galego “Celso Parada”

Que ledicia voltar ao Festival de Teatro Galego “Celso Parada”. O pasado mércores 4 de setembro representei Toin Toin, un espectáculo de contos para bebés na Casa da Cultura de O Carballiño,  Este ano o festival cumpre 30 anos, parabéns!!! E os que quedan, compañeiras e compañeiros!!!. Grazas, Josi Lage por contar comigo un ano máis.

Viva o TEATRO e os CONTOS!!

E o venres tiven o pracer de asisitir á emotiva gala de clausura da XXX edición do Festival de Teatro Galego Celso Parada.

 

Relacionado:

O segredo do tendal no Festival de Teatro Galego de O Carballiño (2015)

Nanocontos no Festival de Teatro Galego de O Carballiño (2014)

 

 

X