SON SAN é un espectáculo moi visual e lúdico de manipulación de obxectos e de monicreques construídos con materiais de refugallo. Os fragmentos musicais que forman parte do espectáculo van acompañados, en ocasións, de sinxelas coreografías para que os rapaces

O protagonista é un neno chamado Xan (o personaxe  ten o corpo branco, leva un chapeu verde e está feito con vasos e pratos de cartón). A Xan cústalle moito erguerse pola mañá e non lle gusta nada tomar o almorzo san que lle dá a súa nai; el prefire comer moreas de pasteis.

Un día, no parque, un cadelo lévalle os bolos e o neno comeza a correr, sen folgos, atrás del. De súpeto, atópase con Xana (corpo amarelo, verde e laranxa e chapeu verde),unha rapaza moi espelida que o convida a unha sa e nutritiva merenda. Xan probará o zume de laranxa e o melón e sentirase moito mellor, mesmo cambiará de cor (o seu corpo tornarase en  amarelo e laranxa).

A través do percorrido de Xan, as nenas e os nenos verán a importancia dunha dieta sa para gozar dunha vida saudable. Ademais, reforzarán os   seus coñecementos das partes do corpo e descubrirán de forma divertida como levar a cabo unha boa hixiene. Por último, serán conscientes de que facer exercicio é fundamental para vivir san e estar en forma.

Eu estou san, Son San, e ti?

X