Unha proposta diferente sobre Feminismo
Visibilizar o contributo das mulleres ocultas durante séculos é importantísimo e moi necesario para medrar con referentes femininas e poder vibrar en harmonía como mulleres libres
Este espectáculo, que mestura a narración co teatro e o cinema, pretende divertir e espertar nas nenas e nos nenos o amor polo cine, descubrirlles o poder que teñen as imaxes e o cinema para transmitir historias.
Será Alice Guy, a nai do cinema, a que esperte a súa curiosidade pola orixe da sétima arte.
Alice, desde ben pequena, escoitou contos da súa avoa que acordaron nela o amor polos libros. Co paso do tempo chegou a ser unha gran contadora de historias que logo levaría á gran pantalla.
Teremos ocasión de viaxar no tempo para coñecer a súa vida e ver fragmentos das súas primeiras películas . Alice Guy é unha muller fascinante inxustamente esquecida.
Alice Guy foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, deseñadora de vestiario, cámara, produtora, cómica, maga e moito máis…
Sabiades que cara a 1900 dirixiu curtas de corte feminista, e contra a violencia de xénero, a homofobia e o racismo? E non o tivo nada fácil… Non podemos cambiar o exilio histórico ao que foi condenada durante décadas, pero si podemos facer xustiza con ela a partir de agora. É tan sinxelo como contar a súa historia. Porque ademais é unha fantástica historia: todo empezou cun soño, un xefe que a subestimaba e uns repolos máxicos.
Quen non querería coñecer a vida de Alice Guy, A NAI DO CINEMA?
Un agradecemento especial a Alice Guy Peterson, tataraneta de Alice Guy, por toda a documentación e historias compartidas.
Dirección e interpretación: Raquel Queizás
Fotografías: Andrea Area
Deseño cartel: Daniel Piñeiro
Duración: 50 minutos.
Público: nenas e nenos de primaria. Público familiar.
Representacións destacadas de Cinema de Historias da Man de Alice Guy:
Mostra de Cinema realizado por Mulleres de Huesca
Teatro-Cine de Fafe (Portugal)
Museo Interactivo da Historia de Lugo
Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MuNCyT) da Coruña