16 decembro , 2015
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Riveira promoveu a visita de Nano a Escola Infantil Municipal de esta vila. Foron dúas funciones a mar de divertidas, as que acudiron a totalidade dos alumnos da Escola.
A actuación foi reseñada por La Voz de Galicia (17-12-2015, edición Barbanza). A dereita Nano mais eu posamos con Alicia Padín, responsable do Servizo de Normalización Lingüística.
26 agosto , 2015
A Biblioteca Municipal Rosalia de Castro de Arzúa, acolleu o espectáculo de contos A maleta da avoa, dentro das actividades culturais programadas polo concello para este mes de agosto. Unha chea de rapaces agardaban polas historias que xurdían na maleta da miña avoa.
La Voz de Galicia, 26 de agosto de 2015 (Edición Santiago)
16 marzo , 2013
Foi unha agradable sorpresa que me convidaran a participar na primeira edición do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, celebrado en Santiago de Compostela e Olerios do 26 o 16 de marzo. Gracias a Soldad Felloza, directora do festival e unha gran anfitrioa, por ser a miña madriña de contos. Contei no pub Atlántico baixo o título “Unha muller na beira“. Estiven por primeira vez nas bibliotecas de Dorneda e Perillo (Concello de Oleiros) e tamén no Centro Sociocultural das Fontiñas (Santiago) que estaba a rebentar de xente e onde os rapaces pediron un bis. Participei ademais nos maratóns do Festival xunto a grandes compañeiros de profesión: Quico Cadaval, Paula Carballeira, Soledad Felloza, Fátima Fernández, Avelino González, Cándido Pazo e Charo Pita, entre outros.
Aquí vos deixo unhas imaxes deste gran Festival que virá vento en popa o ano que ven. (Fotografías de Mino Andrade e Amparo Portabales)
Parabéns a organización, un grupo de grandes profesionais que arrimaron o ombreiro para que ese soño se fixese realide.
Maratón de contacontos para nenos no Salón Teatro. (16/03/2013)
Maratón de contacontos para bebés, no Salón Teatro. (16/03/2013)
Pub Atlántico. (12/03/2013)
Función Colectiva no Día Internacional das Mulleres. Teatro Principal.
(8/03/2013)
Función Colectiva no Día Internacional das Mulleres. Teatro Principal.
(8/03/2013)
Fugas, suplemento de La Voz de Galicia, 01/03/2013
La Voz de Galicia, edición Santiago, 07/03/2013
10 maio , 2012
Estrea da segunda parte Nanocontos, o espectáculo de contacontos e manipulación de obxectos para bebés (de 0 a 3 anos) na Biblioteca Central de Vigo. Nano continua as súas aventuras e no seu camiño atópase con Dara, unha porquiña moi espelida que lle vai cambiar a vida.
Está a piques de saír do forno a terceira parte de Nanocontos. Non vola perdades!
13 abril , 2012
O venres 13 de abril, os nenos do Colexio Rosalía de Castro, asistiron á representación de Nanocontos na Biblioteca da Casa da Cultura de Bóveda.
Gracias a Miriam pola súa amabilidade!
2 abril , 2012
Para celebrar o Día do Libro Infantil, o novo espectáculo de contos, A Maleta da Avoa, chegou a biblioteca da Casa da Cultura da fermosa vila de San Ciprián.
La Voz de Galicia, reseñou esta actividade.
As fotos foron tomadas por Javi Lamela. Gracias!