A Maleta da Avoa en Tomiño
Que alegría dá ver o Mercado de Tomiño tan cheo de nenas e nenos de todas as idades para escoitar as nosas lendas, neste lugar tan fermoso para contar. Moitas grazas por escoitar!
Que alegría dá ver o Mercado de Tomiño tan cheo de nenas e nenos de todas as idades para escoitar as nosas lendas, neste lugar tan fermoso para contar. Moitas grazas por escoitar!
Gracias ó Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) que me permitiu facer a miña homenaxe á muller traballadora do eido rural. A esas mulleres fortes e sabias que son as fontes da nosa tradición oral, unha homenaxe á miña avoa, unha homenaxe ás avoas galegas.
Isto foi o que dixeron de A Maleta da Avoa:
Así de ben comezo a primeira das catro funcións de contos que realizarei na carpa instalada polo Concello de Vigo na rúa Teixugueiras en Navia. É un pracer atopar un público tan desexoso de escoitar historias. Hoxe comecei con Historias da Maletra. E haberá máis visitas durante estas festas:
24 de Decembro as 11:00 A Maleta da Avoa
25 de Decembro as 11:00 Romaría
31 de Decembro as 12:00 Ven a Conto de Nadal
Pasade unhas boas festas!!!
Esta soleada tarde de domingo, acudín á fermosa Praza de España de Mondaríz coa Maleta da Avoa coma equipaxe. Moi ben o pasamos!
Mariola Menéndez, periodista do xornal La Nueva España, fixo esta fermosa reportaxe sobre a A Maleta da Avoa na XII Edición de TitereSí, Festival del Títere y la Palabra:
Por este enlace chégase á entrada no meu blog sobre este fermoso festival.
Hoxe, 6 de decembro estiven coa Maleta da Avoa coma equipaxe na Casa da Cultura de Silleda. Así de ben o pasamos: