A Maleta da Avoa en Rianxo

Unha carpa montada na Praza de Castelao acolleu a primeira edición do mercado de Nadal de Rianxo, no que participaron una vintena de artesáns da comarca. E este mércores 23 de decembro, cheguei coa Maleta da Avoa chea de historias para o numeroso público alí congregado:

A Maleta da Avoa no Museo Galego da Marioneta

A Maleta da Avoa regresa do Pazo de Liñares  chea de risos, agarimos e aplausos. Que público tan entregado o de Lalín!!!.  Foi toda unha honra actuar no espazo que acolle ao Museo Galego da Marioneta.

Este espazo é unha visita obrigada e recomendadísima. Eu vou volver en canto poida para perderme na súa biblioteca. E mentres tanto xa vou botando unha ollada virtual o seu interesante catálogo de libros.

Grazas a Pilar, Xulio e Anxo de Viravolta Títeres pola súa acollida.

A Maleta da Avoa no CEIP Campomaior de Ordes

A Maleta da Avoa continua a viaxar por toda Galicia, e hoxe chegou ao CEIP Campomaior de Ordes. As nenas e nenos de educación infantil seguiron con moitísimo interés as historias que xurdian da maleta.

A Maleta da Avoa en Gondomar.

Multitudinarias tres funcións de A Maleta da Avoa na Biblioteca Pública de Gondomar. Os rapaces de infantil e  primeiro ciclo de primaria dos colexios do Val Miñor moi ben o pasaron. E eu tamén!

Este evento foi organizado pola asociación Espazo Lectura, que tan bo traballo a prol do do fomento da lectura está realizando dende fai anos.

A Maleta da Avoa na Biblioteca de Meis

Con que ledicia cheguei coa Maleta da Avoa á Biblioteca Pública de Meis, onde xa tiña pendente dende fai tempo unha visita que sempre se tiña que pospoñer por culpa da miña axenda.

Todo un pracer contar para un público tan entregado!

X