Esta breve peza teatral foi escrita por Ricardo Carvalho Calero a partires dun conto tradicional recollido en San Sadurniño. O autor
homenaxeado este ano nas Letras galegas foi tamén mestre e director de teatro. Representou esta farsa cómica co seu alumnado do Colexio Fingoi de Lugo.

Espectáculo teatral en liña para os centros de ensino.

SINOPSE:
Dona Edelmira está moi maliña, ela é a señora da casa, con ela viven dous truáns, o seu home e a irmá deste. O único interese destes pillabáns é quedar cos cartos da señora Edelmira cando morra. Conseguirano? A que prezo?

X