Existiu hai moito tempo, en Galicia, unha aldea chamada Veromundo, estaba chea de lendas que se escondían nas covas e mámoas de pedra. Este lugar desapareceu co paso do tempo, ninguén se lembra xa do seu nome.
Pero, de cando en vez, sen previo aviso “aparece” diante dos nosos ollos un cova de Veromundo, na que habita unha moura, unha sabia, unha encantada que conta o que non está escrito empregando para iso os petróglifos que rodean a súa morada.
Na nosa terra, Galicia, as pedras están vivas. Nelas agóchanse tesouros, nelas viven as mouras encantadas, as serpes grandes, os mouros, os trasnos, os xigantes. Dentro das covas dormen as nubes do Nubeiro antes de formar fortes treboadas. Sobre as pedras descubrimos misteriosos petróglifos, gravados feitos sobre a pedra ao aire libre, que semellan mensaxes secretas que temos aínda que descrifrar. As pedras falan, só hai que pararse a escoitalas para poder viaxar ao outro lado, alén.


Rafael Quintía,  escritor, músico e antropólogo, adicoume estas palabras despois de ver o Eco das pedras:

“Unha marabilla de actuación sobre o noso patrimonio e a nosa mitoloxía. Un espectáculo construído con moita sensibilidade, sentido do humor, afán didáctico, ben documentado e con moito cariño e amor pola arte de achegarlle aos máis cativos as vellas historias que nos fixeron como somos. Os meus parabéns para ela e o meu desexo de que moitos de vós, e dos vosos fillos e fillas, poidades gozar do seu espectáculo.”

Con este espectáculo de narración oral pretendo:

-Que as nenas e os nenos  coñezan o valor do noso patrimonio cultural material e inmaterial. 

-Que redescubran os nosos petróglifos para que aprendan a estimalos e a coidalos. 

-E que coñezan os contos e lendas que nos fan  pobo para que logo lles pregunten aos seus avós e bisavós por eles, para que as historias revivan de cada vez e nunca se esquezan.

Espectáculo de narración oral con manipulación de obxectos, monicreques e proxeccións.

Dirixido a un público familiar e a nenas e nenos a partir de cinco anos.

Para as proxeccións dos petróglifos requirese escuridade no espazo.

A MOURINDADE

Dirección e interpretación: Raquel Queizás.

Vestiario: Guadalupe Cariño

Cova: Teresa Calvo Romero

Espacio sonoro:

                 Percusión: Félix Rodriguez

                 Arpa: Elena Paz

Audiovisuais: Daniel Piñeiro e Laia Tubio.

Deseño de iluminación: Daniel Piñeiro.

Deseño de cartaz: Daniel Piñeiro

X