Vémonos no futuro no Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Vémonos no futuro no Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Máis de medio millar de nenas e nenos participaban na iniciativa “Vémonos no futuro”. Dentro da programación do fantástico Festival Internacional de Curtas de Verín. Esta actividade divulgativa buscaba achegar o mundo do cinema ó público infantil a través da ciencia ficción. Un espectáculo que “mestura a narración oral co teatro e co cinema e convida á rapazada dos centros educativos de Verín e comarca a unha fantástica viaxe no tempo”. Así de ben o conta O Diario do Támega.

Grazas a todos os centros educativos por vir un ano máis!! Ata veu o Ratiñoooo.
E grazas ao VÍA XIV – Festival Internacional de curtametraxes de Verín e ao Concello de Verín e a todos os patrocinadores e patrocinadoras por seguir facendo realidade este Festival!!

Grazas Daniel Piñeiro tamén por todaaaa a parte técnica!

 

 

 

 

 

Noticia no telexornal da TVG

 

 

Día da Narración Oral

Día da Narración Oral

Hoxe, o Día Internacional da Narración Oral, comezamos Carmen Domech e eu contando para as nenas e nenos do hospital provincial de Pontevedra na planta de pediatría escolares e tamén nalgunhas habitacións. Estiveron facendo unha reportaxe para TVE Galicia. Foi un pracer compartir historias de aventuras e misterio con vós!! A recuperarse axiña.

Apertas cheas de contos!

 

 

 

Raposadas con Antonio na Pobra do Caramiñal

Raposadas con Antonio na Pobra do Caramiñal

Achégase o Día das Letras Galegas!! Hoxe, 13 de maio tiven o pracer de realizar dúas funcións escolares no Teatro Elma de A Pobra do Caramiñal de Raposadas con Antonio. Homenaxe a Antonio Fraguas, para 150 nenas e nenos das escolas de infantil e primaria. Esta actividade foi Organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de A Pobra do Caramiñal, coma parte da celebración do Día das Letras Galegas.

O Canal Barbanza fixóse eco da actuación

 

 

Cinema de historias do FICVíaXIV

Cinema de historias do FICVíaXIV

Veño feliz de ver como desfrutou a cativada no MiniFICVíaXIV. Un ano máis Aldara,  a miña pequena gran actriz, protagonizou o video promocional de Cinema de Historias. Rodamos no Cine de Seixo, en Marin, un dos cines máis antigos de Galicia e que conserva un proxector de 35mm. Perfecto Carballo, o dono do cine, contounos moitas historias de cine e deixounos gravar tamén na cabina de proxección, cunha antigo proxector OSSA en marcha, grazas!!! (O camarógrafo do video, como lle gusta que lle chamen, foi Daniel Piñeiro e a montaxe de Jorge Godás e a súa equipa)

Desde o Vía XIV, Festival Internacional de Curtas de Verín, Galicia  quero compartir a miña admiración pola gran Alice Guy contando a súa historia ás nenas e aos nenos , o futuro !!! Por que non se pode querer nin admirar a quen non se coñece…

Alice Guy, dende ben pequena, escoitou contos da súa avoa que fixeron agromar nela o amor polos libros. Co paso do tempo chegou a ser unha gran contadora de historias que logo levaría á gran pantalla.

Oxalá nos vexamos o ano que vén! Xa teño ideas…

O festival tivo moita repercusión nos medios, e tamén Cinema de Historias:

E por suposto na prensa escrita:

Faro de Vigo (4/12/2018)

La Región (4/12/2018)

 

Grazas a todas e todos os que fixeron posible este Cinema de Historias:

FIC Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

FIC Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Un día de sol radiante cos prados brancos comeza en Verín. Xa botou a andar con gran éxito a segunda edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAS DE VERÍN . Onte día 5 de xaneiro o “futuro”, as nenas e nenos de diferentes colexios de Verín e comarca viñeron gozar do cinema!!! Que mellor ocasión para contarlles como comezou esta ilusión que se fixo arte, a sétima arte.

Unha maleta vella esconde, como se de unha “cápsula do tempo” se tratase, os recordos dun neno de Verín que desde 1905, con oito anos, fascinado pola imaxe en movemento soña con ser de maior operador cinematográfico. El é Máximo godás  e conseguiu facer realidade o seu soño de cinema.

Aquí vos deixo a promo que fixo Jorge Máximo Godás para o MINIFIC nela sae Aldara, a miña filla, homenaxeando a un dos seus actores cómicos favoritos do cinema…

Feliz de actuar na miña terra para o FUTURO, butacas cheas de soños para gozar do cinema. Xa queren que volva o ano que vén, ogallá!!! Grazas á organización e a toda a xente que traballou como voluntarios. Grande equipa, noraboa!!!

O programa A Revista da Televisión de Galicia fixo un pequeno reportaxe sobre o MiniFIC:

 

X