Comecei a miña andaina na narración oral profesional ó tempo que acadaba a licenciatura en Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Era o ano 1999 e a miña paixón pola literatura e a narración oral levábame por bibliotecas e escolas de toda Galicia. Seguín narrando historias en Vila-Real (Castellón) e despois en Madrid, onde colaborei coa compañía Akántaros en diversos proxectos de fomento lector, facendo sesións de contos e obradoiros de animación á lectura. Participei nas Xornadas Iberoamericanas de Animación á Lectura “Entre literaturas con dos orillas”, na Casa de América, no programa “Vallecas Todo Cultura”, na “XXI Muestra del Libro Infantil de Madrid”, nas sesións de contos no Parque do Retiro “Para amansar a las fieras”, nas salas de teatro Lagrada e Artépolis con varios espectáculos de contos de creación propia. Despois viaxei o sur, onde narrei en moitas bibliotecas para o Centro Andaluz de las Letras. Tamén realicei varias actividades de fomento á lectura na Fundación Leer León.
No ano 2007 volto a Galicia e participo na Semana do Libro de Carballo e de Lugo, no Festival Internacional de Palabra en Verín. Participei no programa de fomento da lectura Letras Vivas dende o ano 2010 ata o 2012. Dende o 2011 veño participando como narradora no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Dende 2013 imparto obradoiros de Narración Oral na Facultade de Maxisterio da Universidade de A Coruña, dentro da materia Didáctica da Lingua Galega. Formo parte do profesorado de narradores do CIOV, Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo dende o ano 2013. Tamén levo cabo obradoiros de narración oral para mestras e mestres (Asociación Pedagóxica Galega, Centro de Formación e Recursos do Profesorado).
Varios dos meus espectáculos de contos forman parte do programa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas Ler Conta Moito dende o ano 2013 ata hoxe.
Son actriz, monicrequeira, filóloga, e sobre todo, contadora de historias. O meu repertorio inclúe contos tradicionais, lendas de cada recuncho, adaptacións de contos de autor e historias propias. Nos meus espectáculos o público é un elemento fundamental, grandes e cativos entran a formar parte da historia. Nas miñas montaxes a participación activa e o humor son pezas clave. Quizais fose polos contos que me contaba a miña avoa (porque a memoria dos antepasados non só é vida, senón sabiduría pura), quizais porque a nena que levo dentro segue soñando con ese mundo de fantasía, fose como fose, os contos forman parte da miña vida persoal e profesional dende fai vinte anos.
Teño levado os meus espectáculos de narración oral, monicreques e manipulación de obxectos ós seguintes festivais:
X Festival das Núbebes, Pontevedra, 2024
Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, Santiago de Compostela, 2024
XXII Festival de Narradores Orales del Espinar, El Espinar (Segovia), 2022
Festival de Titeres Titiriberia, Rianxo (A Coruña), 2022
Festival de Narración Oral de Jumilla ConVino ConCuento, Jumilla (Murcia) 2022
Festival Falando a Boca Chea, A Coruña, 2022
XXVI Festival Internacional Galicreques, Santiago de Compostela, 2021
VII Festival das Núbebes, Pontevedra, 2019
VI Festival Monecadas, Brión (A Coruña), 2019
Festival Ventanas Escénicas, Valladolid, 2019
Festival Falando a Boca Chea, A Coruña, 2019
XVI Festival Contando Cuentos de Salamanca, 2017
V Festival das Artes Escénicas para bebés e familas, Núbebes, Pontevedra, 2017
XII Festival del Títere y la Palabra, Titeresi! Pola de Siero, Asturias, 2017
Maratón Viajero de los Cuentos, Guadalajara, 2016
IV Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, Santiago de Compostela, 2016
XVI Festival de Teatro Galego, O Carballiño (Ourense), 2015
V Festival Internacional de Narración Oral del Perú: todas las palabras, todas! 2015
III Festival de monicreques Titirinoia, Noia (A Coruña), 2015
II Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, Santiago de Compostela, 2014
XV Festival de Teatro Galego, O Carballiño (Ourense), 2014
I Jornadas de Recuperación de la Tradición Oral, contando con La Sequeda, León, 2014
III Festival das Artes Escénicas para bebés e familas, Núbebes, Pontevedra, 2014
II Festival de monicreques Titirinoia, Noia (A Coruña), 2014
II Encontro Internacional de Contadores de Historias Sete Falares, Pontevedra, 2013
XXII Maratón de los Cuentos de Guadalajara, 2013
I Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, Santiago de Compostela, 2013
VI Certamen de Cuenta Cuentos Tierras Del Torio, León, 2011
VI Edición da Quarta dos Contos, Maia, Portugal, 2009
III Festival Internacional da Palabra de Verín, 2008,
XXX Festival de Teatro Clásico de Almagro, 2007