Contando con A Sequeda
Do 13 ao 15 de xuño, celebráronse en A Sequeda (Léon), as I Xornadas de Recuperación da Tradición Oral, Contando con La Sequeda, organizadas pola Asociación Cultural Las Encinas de Valderrey e a Concellería de Cultura de Astorga. Grazas ó convite do impulsor do festival, Crispín d´Olot puiden visitar e coñecer esta comarca leonesa, situada ao sur de Astorga entre a Maragateria, o Páramo Leonés e a Cabrera.
Xunto á narradora arxentina Marcela Sabio, e a madrileña Paqui Luna, percorrimos algúns das 9 aldeas que forman a comarca: Cuevas, Matanza, Bustos, Tejados. Tamén nos desprazamos á veciña localidade de Santiago Millas, onde tivemos o pracer de descansar nunha auténtica casa maragata, grazas á hospitalidade de Guts Muths, quen colaborando co Festival, acolleunos na impresionante hospedería.
Gozamos escoitando coplas e historias dos habitantes mais vellos das aldeas e tamén das deliciosas comidas que prepararon e compartiron con nos!