Palabras na Boca na XVI edición do Festival Contando Cuentos de Salamanca

24 xuño, 2017

Que fermoso espazo o patio da Casa das Conchas de Salamanca, onde se atopa a Biblioteca Pública e onde se celebrou a XVI edición do Festival Contando Cuentos! E alí fun, nunha cálida noite de San Xóan,  co meu espectáculo de narración para adultos Palabras na Boca. Foi unha noite meiga auténtica , en moi boa compaña para entrar nas historias. Grazas por escoitar. Que alegría reencontrarme co meu amigo Manuel, bibliotecario de Villamayor. Graciñas, Charo Pita, amiga, por “contar ben de mí”.  As fotografías son Daniel Piñeiro,  o meu querido vagalume.

Foi un pracer compartir historias con Nona, a directora e organizadora do Festival. Unha gran persoa e con raíces galegas tamén, cantas lembranzas comúns!!! Grazas por ser a nosa Cicerona en Salamanca.

 

 

X