22 outubro , 2016
Está baixando a marea, e con ela chegaron á Biblioteca de Ribadeo as lendas e contos que sabe a serea. “Mariña. Contos nacidos no mar”. Todo un pracer coñecer a B.P.M. El Viejo Pancho de Ribadeo
Podedes consultar a reseña da actuación no blog do programa Ler conta moito.
23 abril , 2016
A Biblioteca Pública Municipal de Nigrán foi o escenario perfecto para unha sesión de A Orixe, un espectáculo de narración oral con manipulación de obxectos, dentro do programa Ler Conta Moito.
4 febreiro
, 2016
Xa está dispoñible o catálogo de actividades de Ler Conta Moito, o programa de dinamización da lectura que a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
E entre as actividades seleccionadas para incorporarse ó catálogo de este ano 2016, encóntranse dous dos meus espectáculos de contos: Mariña, contos nacidos do mar, e A Orixe:
Mariña foi unha serea galega que viviu entre nós hai moitos anos. Ao seu fillo contáballe lendas e mitos dos seres mariños que poboaban os fondos do mar. Agora comparte con nós todas as súas historias e traenos unha mensaxe moi urxente de parte do océano, que o coidemos e que non esquezamos que nas súas augas naceu a vida.
A Orixe é un espectáculo de narración oral, manipulación de obxectos e monicreques. Unha exploradora chega á biblioteca para compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións polo mundo. Ante os nenos e nenas dramatizará as lendas e contos coa axuda de pequenos tesouros recollidos nas súas viaxes.
26 agosto , 2015
A Biblioteca Municipal Rosalia de Castro de Arzúa, acolleu o espectáculo de contos A maleta da avoa, dentro das actividades culturais programadas polo concello para este mes de agosto. Unha chea de rapaces agardaban polas historias que xurdían na maleta da miña avoa.
La Voz de Galicia, 26 de agosto de 2015 (Edición Santiago)
21 maio , 2015
Foi todo un pracer acudir nesta soleada tarde de primaveira a Redondela e ver a biblioteca chea de rapaces que agardaban escoitar os contos de A Maleta da Avoa.
Esta función contou co apoio do programa Ler Conta Moito.
15 maio , 2015
Continuo a viaxar por toda Galicia grazas á Maleta da Avoa, e asi chequei a Biblioteca Municipal de Foz, para celebrar o Día das Letras Galegas.