Dámoslle volta ao conto. Contos pola igualdade en Baiona

Dámoslle volta ao conto. Contos pola igualdade en Baiona

Esta semana vivín unha marabillosa aventura polos colexios de Baiona (CEIP Fontes, CEIP Belesar, CEP Sabarís, EEI O Areal, Galescola Baiona e CEPI Cova Terreña) con Dámoslle volta ao conto, unha actividade que me levou por todos os centros educativos do municipio. Máis de 300 nenas e nenos de educación infantil e primeiro ciclo de primaria participaron nesta proposta chea de historias, emocións e reflexións.

Con contos tradicionais de diferentes culturas, obxectos e monicreques, propuxen darlles a volta ás historias para romper roles e estereotipos sexistas, e facer visible que todas e todos podemos ser protagonistas, sen importar o xénero. Moitas destas historias naceron da tradición oral e das lembranzas da miña avoa, que sempre me inspirou a contar e a mirar o mundo con ollos curiosos e libres.

Esta actividade formou parte do programa Baiona Lila, impulsado pola Concellería de Igualdade, dirixida por Sheila González Martins, e contou co apoio da Deputación de Pontevedra dentro do programa de sensibilización en igualdade e prevención da violencia machista.

Moitas grazas de novo pola vosa escoita e participación! Quero agradecer de corazón a todos os centros educativos que me acolleron en esta  xira de Contos pola Igualdade co espectáculo Dámoslle Volta ao Conto e Nano e Dara.

A vosa escoita activa, as vosas preguntas e a vosa participación foron a mellor recompensa e o mellor impulso para seguir traballando con máis forza! .

E por suposto, un agradecemento moi especial ao Concello de Baiona pola súa confianza en min e na forza transformadora dos contos para promover a igualdade. Sen o voso apoio, isto non sería posible.

💜🚀 Seguimos a darlle volta aos contos e ás ideas!

 

 

 

A Maleta da Mestra en Verín

A Maleta da Mestra en Verín

Fermosa sesión A Maleta da Mestra rodeada de amigas na Bblioteca Publica de Verín. Viaxamos no tempo ás escolas da década de 1930 en Galicia e coñecimos á mestra “Pisapouquiño”. Unha mestra diferente: dá abrazos e non varazos, pidelle ás nenas que veñan á escola, permite e fomenta a fala en galego, ensina con fábulas, adiviñas, trabalinguas e baile! Mesmo ten unha gansa para vixiar a escola e dar de xantar ovos á cativada.

Unha mestra que hai 89 anos, no peor momento da nosa historia, foi defendida por unha gansa, unha presa de pícaras e pícaros e a parroquia enteira. Grazas por vir, familias e compartir as vosas lembranzas e futuros soños comigo!

Grazas, Aurora e Vicente por pensar en min e polas fotos!!

 

 

 

 

O xornal La Región reseñou esta actuación:

 

O xornal Nós Diaro fixose eco da actuación:

Contadas en prol da igualdade en Pontevedra. Dámoslle volta ao conto!

Contadas en prol da igualdade en Pontevedra. Dámoslle volta ao conto!

As contadas en prol da igualdade organizadas polo Centro de Información á Muller (CIM) de Pontevedra remataron. Foron 14 colexios onde contei Dámoslle volta ao conto á rapazada estivo entregada!!!

Moito lles gustan os contos e as historias de vida da miña avoa.

 

 

Grazas de novo á Area de Igualdade do Concello de Pontevedra pola confianza un ano máis.  Grazas tamén a cativada e ao profesorado pola escoita, aplausos, risos, agasallos, debuxos… O espectáculo de contos ten como propósito principal desmontar roles e estereotipos sexistas, promovendo a igualdade de xénero desde as primeiras etapas educativas.

A través de relatos que destacan a valentía e a sensibilidade, convídase o público a reflexionar sobre a diversidade e a equidade. Coñecimos historias de mulleres valentes, como a da miña avoa, que en tempos duros da posguerra, con só 14 anos cruzaba a fronteira con Portugal para manter á súa familia. Estas vivencias persoais achegan autenticidade e profundidade ás narracións.

 

 

CEIP Xunqueira 1

 

CEIP Xunqueira Nº 2

 

CEIP de Xeve

 

EEI Verducido

 

CEIP de Cabanas

 

CEIP de Marcón

 

CEIP Vilaverde

 

CEIP Daría González García

 

CEIP Froebel

 

CPR San José

 

EEI Fina Casalderrey

 

CEIP Barcelos

 

CEIP San Benito de Lérez

 

CEIP Parada Campañó

 

 

A Maleta da Mestra en Nigrán

A Maleta da Mestra en Nigrán

Hoxe 15 de maio voltei á biblioteca de Nigrán a contar para as familias lectoras a historia da mestra suplente… “Chamabámola “pisa pouquiño”, era divertida e agarimosa non como Dona Clarisa. Chsss! Que agocha a maleta da nova mestra? Que misterio! Abrímola amodiño…. Moitas follas de papel escritas voan e quedan ciscadas polo chan. A mestra non se enfada, sorri e di: Estamos na HORTA DAS NOSAS LETRAS. Vexo, vexo, un A…Adiviñas, contos e lendas! A Maleta da Mestra!

 

 

 

Grazas a Nós Diarío for reseñar a actuación!

Cinema Marabillas no Teatro Elma de A Pobra

Cinema Marabillas no Teatro Elma de A Pobra

A rapazada de Bandaseca e Cadreche entrou comigo no meu Cinema Marabillas.Ver para ler. Non faltou aventura, misterio, sorpresas, fantasía, bo humor…O cinema tamén se le! Grazas, Fita, por estar pendente de todo.

 

 

 

Cinema de historias da man de Alice Guy no Museo de Pontevedra

Cinema de historias da man de Alice Guy no Museo de Pontevedra

Unha tarde de cine!!! Grazas, familias,por vir descubrir a fabulosa historia da nai do cinema, a gran Alice Guy! Que ben descubrir caras amigas entre o público.

Non podemos cambiar o exilio histórico ao que foi condenada durante décadas, pero si podemos facer xustiza con ela a partir de agora. É tan sinxelo como contar a súa historia. Porque ademais é unha fantástica historia: todo empezou cun soño, un xefe que a subestimaba e uns repolos máxicos. Quen non querería coñecer a vida de Alice Guy?

 

 

 

 

 

 

X