21 outubro , 2021
Moi ben o pasei hoxe contando Caso pechado dentro da fabulosa programación cultural da Fundación Fernando Blanco de Lema para o alumnado de quinto e sexto do CEIP Eugenio López de Cee e usuari@s de ASPADEX.
Grazas Darío Areas por contar comigo un ano máis.
Faime feliz recibir mensaxes da profe Patricia, é unha ledicia ver que gusta e valórase o teu traballo.
‘Encantoume/ encantounos. Vaia currazo para ti soa. Moito mérito. Foi xenial por manter durante un espacio de tempo amplio a atención de tod@s nós…regresamos de volta ó cole analizando caso por caso… Polos valores que transmites, a calidade dos contidos, a forma de ligalos…vamos un traballo moi ben feito dunha persoa que lle gusta o que fai e que debe ser unha súper profesional. Parabéns! Espero volver a encontrarte no camiño. Na miña aula estarás presente seguro.’



17 decembro , 2016
Este sábado 17 de decembro, a Casa da Lectura acolleu unha nova sesión do Comando Le, dedicada nesta ocasión ás historias de intriga, medo e misterio. E o espectáculo perfecto para isto foi Caso pechado, unha sesión de contos para adolescentes que recolle lendas urbanas e relatos de misterio, da man dunha detective que fala dos casos máis curiosos que tivo que resolver.


23 novembro , 2016
Doble sesión de Caso Pechado na Casa Cultura de Coristanco. Os misterios quedaron resoltos e os casos pechados gracias á sagacidade das mozas e mozos de Coristanco.

18 decembro , 2015
A biblioteca do Instituto de Ensino Secundario Sofía Casanova de Ferrol, foi o escenario perfecto para desenrolar as tramas de Caso Pechado, o meu espectáculo de narración oral de intriga e misterio. Grazas a axuda dos rapaces, puiden pechar outro caso máis!


27 novembro , 2015
Hoxe venres 27 de novembro, ás 10.35 horas, achegueime o IES Leixa de Ferrol para compartir co alumnado de Bacharelato e FP básica a miña fascinación polas historias de terror, misterio e o cine negro. As mozas e mozos foron os protagonistas, tanto axudando a resolver os casos como recreando as situacións nas que tiveron lugar os sucesos:


Se interesase nalgún lugar máis a miña labor de investigación non dubiden en contactar comigo.

19 decembro , 2014
Caso pechado, o espectáculo de historias de misterio e terror foi elixido polo instituto de ensino secundario Pintor Colmeiro de Silleda para celebrar o fin do primeiro trimestre de clases.



