Cocorocó nos colexios de Narón

Cocorocó nos colexios de Narón

Cocorocó estivo de xira este decembro polos centros de educación infantil do Concello de Narón: CPR Jorge Juan, CPI do Feal, CEIP da Gándara, CEIP Virxe do Mar, CEIP Piñeiros, CRA de Domirón, CPR Santiago Apóstol, CPR Ayala, CEIP A Solaina, CRA de Pedroso e CRA O Val foron os escenarios onde tiveron lugar as aventuras da nosa peculiar galiña azul. Preto de 600 alumnos de educación infantil asistiron ás 11 representación de Cocorocó que tiven o pracer de realizar desde o día 11 ata o 19 de decembro, grazas á iniciativa da Concellería de Ensino do Concello de Narón.

Cocorocó na Biblioteca de Amorín

Hoxe coñecín unha biblioteca nova: A Biblioteca de Amorín en Tomiño. Estaba chea de nenas e nenos para escoitar COCOROCÓ. Gustou moito, ata Brais me regalou un debuxo ben chulo!

Cocorocó en Ordes

Hoxe pola tarde, cheíña de xente estaba a Alameda de Ordes para escoitar COCOROCÓ. Grazas por vir!!

 

Cocorocó no programa No Verán… un conto do Concello de Vigo

Cocorocó no programa No Verán… un conto do Concello de Vigo

Da man de Vigo En Galego e no programa #NoVeránunconto  da Concellaría de Normalización Lingüística chega Cocorocó ás prazas e rúas da cidade de Vigo.

O día 2 de agosto a cita foi no Barrio no Calvario, díante do mercado:

 

O 4 de agosto, a fución debería ser na parte traseira do Museo Marco, mais a choiva quixo que coñecera a fermosa cafetaría artística Detrás do Marco.

 

E para rematar esta xira por Vigo, o día 7 de agosto, Cocorocó chegou á Praza do Emigrante:

O xornal Faro de Vigo, recolleou o inicio de esta breve mais intensa xira por Vigo

Cocorocó na Feria do Libro de A Coruña

Grazas á Feira do Libro de A Coruña, o fermoso Palco da Música dos Xardíns de Mendez Nuñez converteuse no Xardín dos Libros, e alí agardaban por min unha chea de mozas e mozos valentes para loitar contra as inxustizas, COCOROCÓ!! Unha grande equipa cun obxectivo común; vivir un conto!

 

 

X