Cocorocó en Xinzo de Limia

Hoxe COCOROCÓ estivo na Praza Maior de Xinzo de Limia. Vila na que Carlos Casares pasou parte da súa nenez. Moito lle queren aquí as nenas o os nenos e os que xa non son tan nenos!!! Todos coñecían a historia da Galiña Azul!

Artellando en Santiago!

Mirade canta xente boa se xuntou, esta tarde na Praza de Europa do Centro Comercial de Área Central, para gozar con Cocorocó. Esta actuación enmárcase no programa Artellando, as Festas en Movimento do Concello de Santiago de Compostela.

 

Cocorocó en Verín

Hoxe 1 de xullo contada solidaria en Verín na praciña de diante da Casa da Cultura, onde COCOROCÓ intentou construír un mundo mellor con motivo do I Congreso Internacional de Persoas con Diferentes Capacidades e Accesibilidade da Eurocidade Verín-Chaves.

Cocorocó en Marín

Grazas a todas e todos por vir a ‘COCOROCÓ‘ no palco da música na Alameda de Marín,  no marco da feira do libro usado que organiza o IES Mestre Landín en colaboración con outros centros educativos do concello.
Mirade, vela aí ven Ana, a mellor amiga de Carlos Casares, seguro que ten unha boa idea para salvar a GAZ ( Galiña AZul):

X