Dende ben pequena escoitaba os contos da avoa pola mañá, na merenda e, sobre todo, pola noite. A maleta da avoa está chea de pequenos tesouros, nela vive a memoria. Dentro brincan trasnos, mouras, nenas espelidas, bonecas feitas con carozos de millo…

Abrímola?

A Maleta da Avoa é un espectáculo de contos e lendas tradicionais galegas na que se empregan obxectos e monicreques, dirixido a nenas e nenos de tres anos en adiante e as súas familias.

DATOS TÉCNICOS:

 

Dirección e interpretación: Raquel Queizás

Duración: 50 minutos (30 minutos de montaxe)

Público: nenas e nenos desde 3 anos e familias.

 

 

X