Gatuxo chegou e encheu o Auditorio Municipal de Carballo!. O paso como unha meniña coa familia Gatuxo, ademais de escoitar fermosas cancións todo o día, a mamá Maria Faltri brinca comigo, o papá Magin Blanco fai uns purés riquísimos e Nene, Jorge Juncal, o meu irmán maior, ensíname xogos moi divertidos.
Eu non paro de argallar trasnadas co meu gatuxo, ha,ha,ha!!!
E remato os bolos de este ano 2015 con unha divertidísima representación de Gatuxo no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, que completou todo o seu aforo.
Gatuxo voltará xa no novo ano 2016 a Carballo (21 de xaneiro) e a Tui (26 de febreiro)
A edición do telexonal mediodia da Televisíón de Galicia de onte, 26 de abril, pechou coa música e as imáxenes da representación de Gatuxo no auditorio municipal de Ourense.
Gatuxo, un espectáculo pensado para os máis pequenos, no se que mestura música, clown, claqué e contacontos. Magín Blanco, Raquel Queizás, Maria Faltri e Jorge Juncal están detrás do proxecto.
Que ledicia ver a pequechos e non tan pequechos disfrutando coas peripecias da pequena Gatuxa e a sùa familia, cantando e bailando os temas musicais “que chegan ao corazón” (nos decían as nais, pais, avos…) Até querían mercar o “disco”, que sairá moi pronto, e tamén o libro. Estade atentos!
A próxima cita Ourense. O domingo 6 de abril haberá tres pases, ás 12, ás 16 e ás 18h. Se poden mercar tamén entradas por internet en Servinova.
“Ven coa túa gatuxa, co teu gatuxo a gatuxar con nós”
Cumprindo a lei 34/2002, de 11 de xuño, de servizos da sociedad da información e de comercio electrónico (LSSI), informolle que esta páxina emprega cookies. Coñece máis.