Letras Galegas Letras Galegas Espectáculos adicados as e os artistas homenaxeados no Día das Letras Galegas. A Touporroutou 2025 A Touporroutou foi e é unha de tantas mulleres que gardan e transmiten a nosa poesía oral. Moitas desas voces de mulleres, gravadas no pasado en pequenas cintas de casete, son hoxe fonte de inspiración para as máis recentes figuras da música actual. Foron as cantareiras, moitas delas sen saber ler nin escribir, creadoras de poesía e transmisoras da arte e da beleza, malia a dura vida que lles tocou pasar... "Cantar, cantábase sempre." As chaves de Lu 2024 Luísa Villalta foi poeta, narradora, dramaturga, ensaísta, filóloga, violinista, e profesora. Coñeceremos a unha muller visionaria, fascinante, valente, feminista, activista e comprometida coa lingua. Loitou tamén pola defensa do ensino público e da educación como espazo de liberdade e corrección das desigualdades. O loitador da galaxia 2023 Francisco Fernández del Riego. Se queredes coñecer este loitador cultural, galeguista incansable, apertade ben o cinto; nun momento levantamos voo cara á Galaxia, a editora que creou xunto con outros compañeiros nunha época ben, ben escura. Florencio nas ondas 2022 Florencio Delgado Gurriarán. Sintoniza o programa de radio "Florencio nas ondas" para coñecer a este gran poeta galego combatente, ao que lle dedican as letras galegas neste ano. Arredor de Xela 2021 Xela Arias. Unha moza, ademais de escoitar rock, abría novos camiños, a través da súa poesía, na nosa literatura. Xela Arias foi unha muller valente, feminista, activista e comprometida co galego desde a súa nenez. A farsa das zocas 2020 Ricardo Carvalho Calero. Esta breve peza teatral foi escrita a partires dun conto tradicional recollido en San Sadurniño. O autor homenaxeado este ano 2020 nas Letras galegas foi tamén mestre e director de teatro. Ruta propia 2018 María Victoria Moreno amou a nosa terra desde a paisaxe, a xente e por suposto a lingua que fixo súa. Unha mestra de conto nos ensina o que non está nos libros e nos conduce ata Portosouril, a aldea máis fermosa de Galicia. Cocorocó 2017 Carlos Casares. Cocorocó é un berro de loita contra as inxustizas, é un canto que nos fai pensar, respectar e valorar á outra que é diferente a nós para defender a diversidade. [Ver máis espectáculos]
A Touporroutou 2025 A Touporroutou foi e é unha de tantas mulleres que gardan e transmiten a nosa poesía oral. Moitas desas voces de mulleres, gravadas no pasado en pequenas cintas de casete, son hoxe fonte de inspiración para as máis recentes figuras da música actual. Foron as cantareiras, moitas delas sen saber ler nin escribir, creadoras de poesía e transmisoras da arte e da beleza, malia a dura vida que lles tocou pasar... "Cantar, cantábase sempre." As chaves de Lu 2024 Luísa Villalta foi poeta, narradora, dramaturga, ensaísta, filóloga, violinista, e profesora. Coñeceremos a unha muller visionaria, fascinante, valente, feminista, activista e comprometida coa lingua. Loitou tamén pola defensa do ensino público e da educación como espazo de liberdade e corrección das desigualdades. O loitador da galaxia 2023 Francisco Fernández del Riego. Se queredes coñecer este loitador cultural, galeguista incansable, apertade ben o cinto; nun momento levantamos voo cara á Galaxia, a editora que creou xunto con outros compañeiros nunha época ben, ben escura. Florencio nas ondas 2022 Florencio Delgado Gurriarán. Sintoniza o programa de radio "Florencio nas ondas" para coñecer a este gran poeta galego combatente, ao que lle dedican as letras galegas neste ano. Arredor de Xela 2021 Xela Arias. Unha moza, ademais de escoitar rock, abría novos camiños, a través da súa poesía, na nosa literatura. Xela Arias foi unha muller valente, feminista, activista e comprometida co galego desde a súa nenez. A farsa das zocas 2020 Ricardo Carvalho Calero. Esta breve peza teatral foi escrita a partires dun conto tradicional recollido en San Sadurniño. O autor homenaxeado este ano 2020 nas Letras galegas foi tamén mestre e director de teatro. Ruta propia 2018 María Victoria Moreno amou a nosa terra desde a paisaxe, a xente e por suposto a lingua que fixo súa. Unha mestra de conto nos ensina o que non está nos libros e nos conduce ata Portosouril, a aldea máis fermosa de Galicia. Cocorocó 2017 Carlos Casares. Cocorocó é un berro de loita contra as inxustizas, é un canto que nos fai pensar, respectar e valorar á outra que é diferente a nós para defender a diversidade.