Nos anos 80 do século pasado, unha moza, ademais de escoitar rock, abría novos camiños, a través da súa poesía, na nosa literatura. Xela Arias foi unha muller valente, feminista, activista e comprometida co galego desde a súa nenez.

De cativa falaba galego, e quería aprender máis linguas. A súa paixón pola escrita e a lectura agromou nela dende moi pequena. Gañou con once anos un premio literario.

Foi poeta, editora, tradutora e mestra. Para coñecela mellor, entremos nos seus versos:

 

Vide. Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo

X