‘COCOROCÓ’ é un espectáculo de narración oral no que se empregan obxectos, monicreques, debuxos e interación co público.
Pero…quen canta COCOROCÓ? Unha galiña, pero non unha galiña calquera, non, unha galiña azul. Sí, azul como o ceo, coma o noso mar, unha galiña diferente a todas as demáis. Por iso é perseguida e quere matala Manolito Listón, o alcalde, porque él di que unha galiña que en vez de dicir cacaracá di cocorocó, que pon ovos de cores e ten cinco plumas vermellas na á dereita , “non é unha galiña como debe ser pero…
Chsss! silencio, é mellor que o conte ela, sí a Galiña Azul.
-Cocorocó!!!
Así se anuncia cando chega. Quen quere escoitala?
Non vai soa. Nesta divertida viaxe, acompáñana Leoncio, Ana e Carlos.
Cocorocó é un berro de loita contra as inxustizas, é un canto que nos fai pensar, respectar e valorar á outra que é diferente a nós para defender a diversidade.