A maleta da Mestra en Exipto (Boiro)

Aínda coa emoción no peito polo vivido na Romaría de Exipto!! Grazas de corazón a todas as familias e á xente miúda que se acomodou ao redor para escoitar a historia de A maleta da mestra. Viaxamos 90 anos atrás, ao peor momento da nosa historia, para lembrarlle ás novas xeracións o poder da comunidade. Porque a Pisapouquiño, a mestra, non a salvou un superheroe: salvouna a unión de toda a parroquia, a astucia dunha presa de pícaras e pícaros… e a valentía dunha gansa moi especial! Que bonito é ver a memoria viva nos ollos das cativas e cativos.

Grazas por compartir este tempo, por escoitar con tanto agarimo e por facer da cultura un espazo de encontro.

 

 

 

Romaría no Espazo Apego De Santiago

Hoxe pola tarde fun coas familias, do Espazo Apego De Santiago, de Romaría” Viaxamos por camiños cheos de personaxes fantásticas, misterios e contos que as nosas avoas e avós contaban á carón do lume. Unha viaxe compartida para conectar coas nosas raíces da forma máis fermosa: a través da nosa lingua e do xogo.

Grazas por vir!!!

 

 

 

Cinema Marabillas en Toques

Hoxe o Cinema Marabillas fixo parada na Escola de Verán de Toques! Pasámolo en grande compartindo historias, risas e moita maxia con toda a rapazada. Dá gusto actuar cando o público ten tantas ganas de desfrutar e soñar esperto .

 

Grazas ao Concello de Toques, a Marina, a Deputación da Coruña pola confianza e a toda a cativada e monitoras pola súa atención e enerxía contaxiosa. ¡Foi un pracer enorme!

 

 

 

 

Travesías en Dodro no Festival Atlántica

Hai públicos que emocionan pola súa capacidade para escoitar, sorprenderse e deixar voar a imaxinación. Así aconteceu no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, no Concello de Dodro, onde compartimos unha nova sesión de Travesías dentro da programación do Festival Atlántica.

Gracias Miguel Muñiz polas fermosas fotografías!

 

 

 

 

Romaría en Darbo

Que ben o pasamos de Romaría no adro da igrexa de Santa María de Darbo, no concello de Cangas, para toda a rapazada do CEIP San Roque de Darbo:

 

X