Todo comezou o día que unha nena con diabetes da nosa Asociación ANEDIA contoume que na escola non a deixaban ir de excursión, nin tampouco ir ao comedor. Tamén , chorando, díxome que algunha das amigas non a convidaban aos seus aniversarios, nin a durmir na súa casa. E outros compañeiros de clase non se lle achegaban moito por se os contaxiaba…
Íncrible, mais certo!!.
Falei con Aldara, a miña filla que ten diabetes tipo 1 desde que ten un ano e con Daniel Piñeiro, a miña parella, e entre os tres creamos Historias azuis. Integra a diabetes na escolapara chegar aos centros educativos.
E dende aquela con Anedia visito ano tras ano os centros educativos onde temos nenos con diabetes, non podemos cubrir todos por desgraza, pero coa axuda de Cultura da Deputación da Coruña e de Concellos como o de Pontevédrate, Concello de Ames, Concello de Ribeira e outros, imos chegando cada día a máis centros, porque a información forma parte da inclusión real.
A falta de información, o descoñecemento provoca medos, rexeitamentos que hai que evitar.
Vai polas nenas e polos nenos!!! Nada que celebrar, moito que traballar!!!
Grazas a Alvariza por permitirnos usar unha das súas fermosas pezas musicais.
Grazas ao Concello de Pontevedra polo seu apoio. Grazas a ANEDIA por todo o que facedes día tras día para mellorar as situacións das nenas e nenos con diabetes. Orgullosa estou de formar parte desta equipa
O 21 de outubro, fíxose a presentación das actividades de este extraño ano 2020:
O 5 de novembro, Nano estivo en Vigo contándolles aos máis pequenos como é iso de ter diabetes. Primeiro no CEIP A Canicouva e logo no colexio San José de Cluny
Grazas gracias a mestres como Laura, Marta, Carlota,Nerea,Ana,Moisés,Marcos… e a todolos mestres dos nosos nenos por ensinarnos mates, lingua, diversidade e a medrar con diabetes!
Durante a semana do 2 o 9 de novembro estiven contando “Historias azuis. Integra a diabetes na escola” en diferentes centros educativos de Pontevedra. Foron dous espectáculos diferentes dependendo das idades do alumnado. Para xs máis cativxs de 3 a 6 anos contei “Nano ten diabetes” e para o alumnado de 7 a 11 anos “Un caso azul” Grazas de novo ao Concello de Pontevedra polo seu apoio!!
O 11 de novembro tiven o meu carón á nosa guerreira e sabia, (por algo chamámoslle Aldara). Debutou, sí, dise así, cun ano, xa ten 10, 10 anos con diabetes tipo 1. Ela é a miña mestra, moito nos ensina día a día sobre esta doenza.
As dúas funcións no CEIP Álvarez Limeses foron xenial. Grazas pola vosa atención, e por tantas preguntas, alumnado de 5 de primaria!! Grazas ás mestras, ao colexio, ao Concello de Pontevedra polo seu apoio.
O 16 novembro visitei o CRA de Vilaboa, alí agardaban por min as nenas e nenos, entre eles un pequeno guerreiro azul!! Aprendemos xuntos con Nano Grazas de novo a ANEDIA polo bo e necesario traballo que realizan, grazas Maite e mestras!! Seguimos
O 17 novembro no Concello de Ribeira estivo Nano dando chimpos cos máis pequenos do GRUPO. Grazas ao Concelleria de Servizos Sociais por facelo posible.
O 23 de Novembro, continuamos a ruta azul. Estiven pola mañá no CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis e tamén no CEIP das Vendas da Barreira.
Canto máis se fale desta doenza de forma positiva máis normal parecera a diabete de tipo 1 e axudará a eliminar prexuízos. Medrar cunha doenza crónica como a diabete de tipo 1 non debe ser un freno o desenvolvemento da nena ou o neno na escola.
O 1 de decembro, Historias azuis realizouse en liña para o CEIP A Rúa de Cangas:
O día 2 de decembro, regresei virtualmente a Ribeira. Debido as restriccións pola COVID, Historias azuis fíxose en liña, cunha moi boa acollida. (Grazas a Daniel Piñeiro pola parte técnica)
Hoxe na Biblioteca de Pontevedra moi ben o pasamos no obradoiro de “Precine. Os marabillosos xoguetes ópticos”. As nenas e os nenos non querían marchar, e de seguro que na casa seguen facendo xoguetes marabillosos en familia. Grazas á Luisa Piñeiro por asistir ao obradoiro e a Angeles, a directora da Biblioteca por seguir programando actividades culturais. Non o esquezades, a cultura é segura!
Para as nenas e nenos dos colexios de Ribeira, vai con todo o agarimo tamén a miña versión de “A farsa das zocas” do gran Ricardo Carvalho Calero, grazas por contar comigo!!
O pasado venres 28 de agosto no Auditorio de Redondela pasámolo de conto, pasámolo de cine. Moitas familias viñeron coñecer Cinema Marabillas . Grazas á Bibliotecas de Redondela, ao Concello de Redondela e ao programa Ler Conta Moito.
Así de ben falaron de Cinema Marabillas desde as Bibliotecas de Redondela:
Unha “marabilla marabillosa” foi o espectáculo conducido por Raquel Queizás este pasado venres, no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira de Redondela …E que sorpresas encerraba que ninguén se esperaba !!! Non as podemos desvelar por se os que o “Cinema Marabillas” non puidestes, esta vez, visitar, nalgún outro momento querédelo gozar… (Do blog Ler conta moito)
Fotaza de Leticia Nogueira Villaverde. Grazas, linda!!
Cumprindo a lei 34/2002, de 11 de xuño, de servizos da sociedad da información e de comercio electrónico (LSSI), informolle que esta páxina emprega cookies. Coñece máis.