Entrevista no xornal La Región

Entrevista no xornal La Región

O domingo 25 de septembro,o xornal  La Región de Ourense publicou no seu suplemento dominical “Vida” unha entrevista acompañada de duas das  fotos que me fixo Fran Moledo.

Gracias a este xornal por o interés mostrado no meu traballo!

Galardón no “VI Certamen de Cuenta Cuentos Tierras Del Torio”

Galardón no “VI Certamen de Cuenta Cuentos Tierras Del Torio”

O xurado do “VI Certamen de Cuenta Cuentos Tierras Del Torio” decidiu que o meu espectáculo “El Cesto de los  Cuentos” (Contos do Cestiño), merecía o segundo premio de este certame.

E así, regresamos a San Feliz de Torío, a gala de entrega dos premios, que incluía unha pequena actuación por parte dos agasallados.O primeiro premio correspondeu o grupo Primigenius, de Getafe, coa obra “Xemaá-el-Fná.” O terceiro premio foi para Carlos Alba, de Asturias, polo seu espectáculo “Juglarias”

Noraboa a todos os premiados!

A gala foi conducida por Crispin d´Olot, quen tamén fixo a lectura dos premios. Despois das actuaciones e da entrega de premios, puidemos disfrutar do excelente viño e embutidos de esta terra. Desde aquí, lle dou de novo as gracias os membros do xurado.

 

Contos nos xardíns da Sede de Turismo Rías Baixas (Pontevedra)

Contos nos xardíns da Sede de Turismo Rías Baixas (Pontevedra)

Actuación dentro do programa Domingos en Familia,  na Praza de Santa María en Pontevedra, nos preciosos xardíns da sede de Turismo Rías Baixas. Nunha soleada mañá electoral, nenos e non tan nenos puideron escoitar sentados na herba, a sombra dos fermosos árbores varios dos meus contos. Entre risas e aplausos rematou o espectáculo. Os nenos marcharon felices cada un co seu globo, agasallo de Turismo Rías Baixas.

Diario de Pontevedra publicou varias fotos e unha reseña do espectáculo de contos.

X