Para celebrar o Día do Libro Infantil, o novo espectáculo de contos, A Maleta da Avoa, chegou a biblioteca da Casa da Cultura da fermosa vila de San Ciprián.
O espectáculo de Contos do Cestiño, chegou a Biblioteca Pública Municipal López Cortón de Cedeira, onde agardaban os alumnos do Colexio Nicoás del Rio de esta vila con moitas ganas de escoitar historias.
O Xornal La Voz de Galicia, reseñou a actuación na súa edición local de Ferrol:
Ángeles, a bibliotecaria, facilitoume as seguintes fotos da biblioteca. Podedes comprobar o fermosa e acolledora que é. Isto axuda a explicar que teña 2.484 usuarios entre nenos e nenas. Noraboa!
O domingo 25 de septembro,o xornal La Región de Ourense publicou no seu suplemento dominical “Vida” unha entrevista acompañada de duas das fotos que me fixo Fran Moledo.
Gracias a este xornal por o interés mostrado no meu traballo!
O xurado do “VI Certamen de Cuenta Cuentos Tierras Del Torio” decidiu que o meu espectáculo “El Cesto de los Cuentos” (Contos do Cestiño), merecía o segundo premio de este certame.
E así, regresamos a San Feliz de Torío, a gala de entrega dos premios, que incluía unha pequena actuación por parte dos agasallados.O primeiro premio correspondeu o grupo Primigenius, de Getafe, coa obra “Xemaá-el-Fná.” O terceiro premio foi para Carlos Alba, de Asturias, polo seu espectáculo “Juglarias”
Noraboa a todos os premiados!
A gala foi conducida por Crispin d´Olot, quen tamén fixo a lectura dos premios. Despois das actuaciones e da entrega de premios, puidemos disfrutar do excelente viño e embutidos de esta terra. Desde aquí, lle dou de novo as gracias os membros do xurado.
Actuación dentro do programa Domingos en Familia, na Praza de Santa María en Pontevedra, nos preciosos xardíns da sede de Turismo Rías Baixas. Nunha soleada mañá electoral, nenos e non tan nenos puideron escoitar sentados na herba, a sombra dos fermosos árbores varios dos meus contos. Entre risas e aplausos rematou o espectáculo. Os nenos marcharon felices cada un co seu globo, agasallo de Turismo Rías Baixas.
O Diario de Pontevedra publicou varias fotos e unha reseña do espectáculo de contos.
Cumprindo a lei 34/2002, de 11 de xuño, de servizos da sociedad da información e de comercio electrónico (LSSI), informolle que esta páxina emprega cookies. Coñece máis.