HISTORIAS AZUIS
Un espectáculo de contos creado por Raquel Queizás en colaboración coa Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia (Anedia), co obxectivo de integrar a diabetes nas escolas.
Todos os nenos dende moi pequenos pasan moito tempo na escola, o centro de educación máis importante despois do fogar. Canto mellor sexa a colaboracion entre os pais e os profesores, mellor será a evolución do neno que padece diabete tipo 1.
Canto máis se fale desta doenza de forma positiva máis normal parecera a diabete de tipo 1 para o neno diabético e axudará a eliminar prexuizos. Medrar cunha doenza crónica como a diabete de tipo 1 non debe ser un freno o seu desarrollo. O neno diabético pínchase para facer os controis de glicemia , inxéctase insulina e leva unha alimentacion sana pero ante todo é un neno como os demáis.
O neno en clase convive cun grupo de nenos que, na maioría dos casos non saben nada da diabete de tipo 1 e para os que os pinchazos, as plumas ou as bombas de insulina e os medidores son obxectos extraños. Sen esquecer as emocións causadas pola súa diabete as que o neno debe enfrontarse. Ou os sintomas dunha hipoglicemia ou unha hiperglicemia que non só afecta a nena ou neno diabético senon tamén aos seus compañeiros de clase e educadores.
OBXECTIVOS A ALCANZAR:
-Explicar aos nenos e nenas de forma sinxela en qué consiste a diabete
.
-Familiarizalos cos sintomas máis comuns que pode presentar unha persona diabética na sua vida diaria.
-Proporcionarlles unhas pautas de actuación para que poidan apoiar e acompañar as persoas diabéticas do seu entorno.
A QUEN VAI DIRIXIDO
A nena e neno diabético para que acepte máis facilmente a súa doenza diante dos compañeiros.
Aos compañeiros de clase para que coñezan mellor a diabete de maneira que a integracion na aula sexa óptima . Sen esquecer o feito de compartir a información sobre a enfermidade . Os nenos máis maiores poden tamén recoñecer os síntomas de hiper/hipo e comunicarllo os profesores.
Ao profesor para que se sinta máis apoiado na acollida en clase dun neno con diabetes de tipo 1.
PROPOSTA
Este proxecto permite dar a conocer a diabete dunha forma lúdica e educativa. Pretende facer fincapé nas emocións e nos estados de ánimo que suscita tratar esta realidade. A educación emocional é moi importante. Queremos nenos felices , nenos que sexan boas persoas, que se sintan ben consigo mesmos e coa xente que os rodea. queremos nenos que saiban expresar non so contidos senón tamén emocións.
A información será presentada de forma lúdica a través de dous espectáculos de contos adaptados a idade das nenas e nenos.
“Non nos deixamos vencer pola diabete, enfrentamonos a ela xuntos”.