Cocorocó no programa No Verán… un conto do Concello de Vigo

Cocorocó no programa No Verán… un conto do Concello de Vigo

Da man de Vigo En Galego e no programa #NoVeránunconto  da Concellaría de Normalización Lingüística chega Cocorocó ás prazas e rúas da cidade de Vigo.

O día 2 de agosto a cita foi no Barrio no Calvario, díante do mercado:

 

O 4 de agosto, a fución debería ser na parte traseira do Museo Marco, mais a choiva quixo que coñecera a fermosa cafetaría artística Detrás do Marco.

 

E para rematar esta xira por Vigo, o día 7 de agosto, Cocorocó chegou á Praza do Emigrante:

O xornal Faro de Vigo, recolleou o inicio de esta breve mais intensa xira por Vigo

Caso Pechado en Allariz

Esta noite no camping Os Invernadoiros de Allariz  o espectáculo de narración ‘CASO PECHADO’ tivo como colaboradores necesarios ás mozas e mozos do IES de Allariz e do IES Auga de Laxe de Gondomar. Por que se xuntaron neste fermoso lugar?  Vou investigar…

O espacio volveuse acolledor e misterioso!

Palabras na Boca na XVI edición do Festival Contando Cuentos de Salamanca

Que fermoso espazo o patio da Casa das Conchas de Salamanca, onde se atopa a Biblioteca Pública e onde se celebrou a XVI edición do Festival Contando Cuentos! E alí fun, nunha cálida noite de San Xóan,  co meu espectáculo de narración para adultos Palabras na Boca. Foi unha noite meiga auténtica , en moi boa compaña para entrar nas historias. Grazas por escoitar. Que alegría reencontrarme co meu amigo Manuel, bibliotecario de Villamayor. Graciñas, Charo Pita, amiga, por “contar ben de mí”.  As fotografías son Daniel Piñeiro,  o meu querido vagalume.

Foi un pracer compartir historias con Nona, a directora e organizadora do Festival. Unha gran persoa e con raíces galegas tamén, cantas lembranzas comúns!!! Grazas por ser a nosa Cicerona en Salamanca.

 

 

Mariña en Riveira

Moitos peixiños de Riveira estiveron mergullados gozando das historias de Mariña. E rematou o conto e levouno o vento mar adentroooo!!!

Romaría en Padrón

Así estaba todo listo, xusto a piques de comezar a Romaría na Biblioteca Pública Municipal de Padrón.

X