Esta mañá andiven de Romaría polo monte Galleiro, contando no medio da natureza, que ben presta. Unha terra chea de lendas que se agochan nas mámoas, na fonte da Muxa, no refuxio de El Seco… Alimentémonos da nosa historia para coñecernos mellor.
Vivín o roteiro como unha rapaza máis, percorrendo camiños cheos de amigxs e segredos, e compartindo lendas como quen comparte pan para a merenda. Grazas a José Manuel Soto Virulegio por convidarme, e grazas tamén a Isa Belita a nosa guía que nos ensinou o “rico” que é o monte e nos presentou a súa aguia. E de volta, ao remate, como me prestou a conversa con Ricardo falando de lobos que poden aparecer ao volta do camiño.
Cocorocó, o espectáculo de narración oral baseado na obra A Galiña Azul, de Carlos Casares, chegou á Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra:
Moitas nenas e nenos de Redondela mergulláronse nas historias da serea, queren saber máis de Mariña, queren ir a Sálvora a coñecer a súa illa. Grazas por escoitar. Moi pavero o Leolo, recomendoume libros! Ata o próximo conto!!!
O pasado día 20 de maio A Maleta da Avoa viaxou feliz (para iso e unha maleta) ata Pola de Siero, para participar na XII edición do Festival del Títere y la Palabra. Titeresi!
A función foi ás 12 ao aire libre no Parque Alfonso X El Sabio, en Pola de Siero. Xuntáronse moitas nenas e nenos que gozaron moito escoitando as historias que a min me contou a miña avoa, cando era pequena. – É unha xana!!! dicía unha meniña mentres eu falaba das mouras. Moito unen as lendas!!!
Luis Vigil o director do Festival estaba pendente de todo. Coñecino fai tempo candoeu estaba asistindo a unha escola de verán de titeres en Caspe, Zaragoza. Fomos ao teatro a ver sua obra Que viene el lobo de Kamante Teatro, encantoume.
Reencontreime tamén cunha amiga narradora Ana Capilla. Coñecín a Andrea Lobo, solista da Cía PIM PAM TITERES. Entramos na Petit Caravane para ver o Mago más pequeño del mundo. E antes de partir visitamos da man de Joaquín Hernández da CíaTragaluz Títereso seu Museo de Títeres e o seu taller, impresionante!! Aquí vos deixo imaxenes e enlaces a videos da miña estancia no Festival. Desexando voltar xa!!!
TVE Asturias fixo esta reortaxe sobre o festival, onde podedes ver a Mariquiña en plena acción:
E Mariola Menéndez, periodista do xornal La Nueva España, fixo esta fermosa reportaxe sobre a miña actuación:
Cumprindo a lei 34/2002, de 11 de xuño, de servizos da sociedad da información e de comercio electrónico (LSSI), informolle que esta páxina emprega cookies. Coñece máis.