Romaría no Monte Gallerio

6 xuño, 2017

Esta  mañá andiven  de Romaría polo monte Galleiro, contando no medio da natureza, que ben presta. Unha terra chea de lendas que se agochan nas mámoas, na fonte da Muxa, no refuxio de El Seco… Alimentémonos da nosa historia para coñecernos mellor.

Vivín o roteiro como unha rapaza máis, percorrendo camiños cheos de amigxs e segredos, e compartindo lendas como quen comparte pan para a merenda. Grazas a José Manuel Soto Virulegio por convidarme, e grazas tamén a Isa Belita a nosa guía que nos ensinou o “rico” que é o monte e nos presentou a súa aguia. E de volta, ao remate, como me prestou a conversa con Ricardo falando de lobos que poden aparecer ao volta do camiño.

X