Reestrea de Ratiña Linda na sala La Tuerka27

Mañán sábado 24 de febreiro, reestrea de obra “Ratiña Linda”, na Sala La Tuerka 27 (rúa Doctor Fleming 27, A Coruña).  A idade recomendada é a partires de 3 anos.

A función comenza as 17 h, e as entradas so custan 5 euros!

Baseado no popular conto  coñecido como A Ratiña Presumida, publica  Bernardino Graña en 1994 Rata Linda de Compostela, a partir da cal Manuel Lourenzo escribe unha versión para o teatro con variados números musicais e destinado ó público infantil.

INTÉRPRETES : Chus Álvarez e Raquel Queizás
MÚSICA : Brandán Lourenzo
PRODUCIÓN : Montserrat Modia
DIRECCIÓN  : Santiago Fernández

Representación de Golulá, da compañía Galitoon no Teatro Jofre de Ferrol

Este domingo 25 de setembro, comezou un ciclo que levará varias obras da Compañia Galitoon ao Teatro Jofre de Ferrol. Comezou coa representación de  Golulá, e este é o calendario de actuacións:
9 de octubro: Os Limons
30 de octubro: Babiliglub
6 de novembro: Botazz!
4 de decembro: Rosalía
11 de decembro: Basilio
As representación comenzan a 1 da tarde.

A noticia  do inicio do ciclo foi publicada no Diario de Ferrol.

Os Limons na Cidade da Cultura

Hoxe 5 de xuño, viaxamos a Santiago de Compostela para representar a obra Os Limóns da compañia Galitoon, no auditorio de Biblioteca da Cidade.

X