Contos do Cestiño na Gurugú

Os Contos do Cestiño remataron a programación semanal “Sábados en Familia” da Sala Gurugú por este ano.

Foi unha actuación moi entrañable e divertida, coma estas datas.

Estrea de “Viaxe a Dadá”

Estrea de “Viaxe a Dadá”

O pasado domingo 21 de outubro, estreamos por fin a primeira montaxe da nosa nova compañía, Teatro da Semente. Tivemos dous pases, pola mañán na sala LaTuerka27. Tivo moi boa acollida por parte do público; nais, pais  e os seus bebés. Dende o primeiro minuto se creou un momento máxico compartido.

Nesta sala, LaTuerka27, era a primeira vez que programaban “Teatro para Bebés”. Non só apoiaron o proxecto dende o comezo, senón que sempre estiveron colaborando con nós en todo. Grazas, Iria Ares, Milo Taboada, Daniel Currás polo voso tempo e cariño.

Grazas tamén a CasaHamlet por deixarnos ensaiar no seu local, a José Losada e Fran Moledo polas fotos, en fin a tanta xente que creu en nós. A Daniel Piñeiro polo amor e a paciencia e a miña pequena Aldara por ser a nosa inspiración.

Este soño non sería posible sen Chus Álvarez unha gran profesional e amiga.

Na Voz de Galicia nos fixeron esta reseña que capta perfectamente a esencia do espectáculo.

Tamén o blog de Latuerka27, falou do noso estreno.

Esta montaxe está pensada para espacios acolledores con capacidade de 40 ou como moito 50 persoas; para ESCOLAS INFANTÍS, Centros Sociais e Salas de Teatro.

Próxima estrea de “Viaxe a Dadá”

Xa falta pouco para a estrea de Viaxe a Dadá, o novo proxecto de Teatro da Semente, dirixido a bebés de 0 a 3 anos e pais/nais acompañantes. É sementar para recoller, sementar para que nazcan flores, sementar para (re)coñecer a Vida e descubrir o Mundo. Entremos no faiado da infancia, subámonos a Dadá, o noso cabaliño de madeira, e viaxemos xuntos polas lembranzas da nenez, entre xogos e cantigas.

A estrea será o vindeiro sábado día 22 de outubro,  as 10 e as 12 da mañán na sala Latuerka27 de A Coruña.

Teatro da Semente está formado por Chus Álvarez e por min mesma!

Escola de Verán de UNIMA en Tolosa

Este ano tiven o inmenso pracer de acudir a escola de verán que organiza a Asociación Internacional das Marionetas (UNIMA), celebrada no Centro Internacional do Títere de Tolosa (TOPIC).

Era a primeira vez que me achegaba ata Tolosa, tiña moitas ganas de participar nos obradoiros que programaba UNIMA. Foi un grato descubrimento coñecer a Neville Tranter, un gran maestro titiriteiro e unha belísima persoa.  Aqui vos deixo a ligazón con información de toda a programación da que puiden gozar en compañía de grandes profesionais de tódalas partes do mundo.

Convídovos dende aquí a que visitedes un dos mellores museos da marioneta que temos.

X