Próxima estrea de CHÍOS de Teatro da Semente

Xa falta nada para a estrea da nova montaxe de Teatro da Semente: CHÍOS, poesia sensorial para bebés.

Dúas nenas xogan nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións. Dous paxaros pequeniños chían para descubrir o mundo a través do xogo e das cancións.

Chíos son asubíos dos paxaros espertando á mañá, entoando un doces soños á noitiña.

Chíos son dúas nenas que espertan para xogar- con animais e cousas e sons e fantasía- e cantan para durmir como quen conta ovelliñas.

O próximo domingo, 27 de outubro, na sala Latuerka27 de A Coruña, o primeiro pase ás doce da mañán e o segundo a unha. Alí os agarda Teatro da Semente (Chús Alvárez e eu mesma, Raquel Queizás)

EL Bolso Amarillo

Tras duros e intensos ensaios, por fin estréome na montaxe El bolso amarillo da compañía Aura Teatro, na Sala Kontainer de Bibao.

Unha proposta teatral moi interesante con monicreques  en formato musical para público familiar, baseada no gran texto da autora brasileña Lygia Bogunga Nunes  (O conxunto da súa obra foi galardoado coa distinción internacional máis acreditada no campo da literatura infantil e xuvenil: o premio Hans Cristian Andersen no ano1982)

Para máis información podedes visitar o noso blog. Esta montaxe estará o próximo domingo  7 de  abril ás 6 da tarde no teatro Jofre de Ferrol.

Coloquio co público o rematar a función na Sala Kontainer

XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

A XIV edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrou do 2 ó 23 de marzo, tivo como lema A TODA MÁQUINA.
Un ano máis estiven contando contos para os nenos dos colexios que visitaron o Salón. Impresionantes traballos fixeron os pequenos inventores. Que marabilla ver a vida a través dos seus ollos.
Mirade un dos seus inventos:

A min dende nena me encantan os reloxos, as máquinas do tempo. Así que transformeime en reloxeira. Que mellor modo de PASAR O TEMPO que contando historias?

Dentro da ampla e variada programación tamén representamos tres funcións de VIAXE A DADÁ da nosa compañía  Teatro da Semente. A obra tivo moi boa acollida por parte das familias, mágoa que quedase xente fóra! Haberá que volver a Pontevedra!!!

Xa estou agardando o tema do ano que ven, cal será? A min encantaría me que fose A COMIDA, para cociñar contos a fogo lento… Ummm! Son unha larpeira!

Contos do Cestiño en Gondomar

O meu Cesto e mais eu seguimos polas Rias Baixas. Dentro da programación navideña deste concello, o espectáculo Contos do Cestiño visitou o auditorio de Gondomar.

X