O segredo do tendal en Melide

A Asociación Cultural Charamela organiza o VI Encontro interxeracional Terra de Melide, O abrazo das idades, unha fermosa iniciativa que ten o obxectivo de transmitir as vivencias dunha xeración a outra. Nas verbas dos organizadores: cando hai máis convivencia entre maiores e novos, cando comparten entre todos tempo libre e descanso, xogos e conversacións, alimentarán unha estima e comunicación valiosas para o seu futuro.

O día 8 de agosto, celebrouse una magnífica gala na Casa da Cultura de Melide, na que se fixo un homenaxe o grupo de gaitas Froito Novo, un concurso de talentos, e a representación de O segredo do Tendal, pola miña parte.

Parabéns a Asociación Cultural Charamela pola organización de este encontro!

Artellando na Praza Roxa de Santiago

‘Artellando. As festas en movemento’ é un programa paralelo promovido polo Concello de Santiago de Compostela  que busca estender por prazas e currunchos do rural e dos barrios  as actividades culturais das festas del Apóstolo.

O Segredo do Tendal congregou a un numeroso público na Praza Roxa, en pleno ensanche compostelán, pequenos e non tan pequenos gozaron coas historias que se ían sucedendo mentras tendía a roupa.

E falando de roupa, o vestiario que levo (vestido e delantal) foron feitos por La Canalla.

Chíos na Feria de Teatro de Castela e León

Chíos na Feria de Teatro de Castela e León


Recopilamos as experiencias e as críticas da estrea de Chíos en castelán, na Feria de Teatro de Castela e León, (Ciudad Rodrigo) no blog de Teatro da Semente.

Podedes ver tamén a preciosa reportaxe que nos fixo a Televisión de Castela e León:

 E unha selección de fotografías:

(Fotografías de Jose Vicente)

Grazas a todos que confiaron en nós, á organización da Feira  e a Urdime por todo o seu apoio.

Gatuxo no telexornal mediodia da TVG

Gatuxo no telexornal mediodia da TVG

A edición do telexonal mediodia da Televisíón de Galicia de onte, 26 de abril, pechou coa música e as imáxenes da representación de Gatuxo no auditorio municipal de Ourense.

 

Gatuxo, un espectáculo pensado para os máis pequenos, no se que mestura música, clown, claqué e contacontos. Magín Blanco, Raquel Queizás, Maria Faltri e Jorge Juncal están detrás do proxecto.

Estrea de Gatuxo !

Este sábado 29 de marzo estreamos GATUXO no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Grazas a todo o equipo qué o fixo posible:  Magin Blanco GarciaMaria FaltriJorge JuncalLuis Brotons Lozano, Daniel Piñeiro, Julia Brotóns, Cristina Castiñeiras Silva, Manolo Dourado e toda a xente de Urdime.

Que ledicia ver a pequechos e non tan pequechos disfrutando coas peripecias da pequena Gatuxa e a sùa familia, cantando e bailando os temas musicais “que chegan ao corazón” (nos decían as nais, pais, avos…) Até querían mercar o “disco”, que sairá moi pronto, e tamén o libro. Estade atentos!

Gatuxo

A próxima cita Ourense. O domingo 6 de abril haberá tres pases, ás 12, ás 16 e ás 18h. Se poden mercar tamén entradas por internet en Servinova.

“Ven coa túa gatuxa, co teu gatuxo a gatuxar con nós”

X