SOMOS IGUAIS
Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!!
Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Sí, igual de valentes e igual de sensibles.
Descubriremos historias de nenas e nenos (ou animais) que rompen os estereotipos que abundan nos contos; nenas decididas, nenos sensibles. Identificaremos situacións as que nos temos que enfrontar día a día, na escola, na casa, cos amigos, …onde a violencia ou a agresividade física e verbal pode ter solución grazas a palabra e gozaremos brincando coa imaxinación que nos une.
Dende a nenez pódese previr todo tipo de violencia mediante novos modelos de feminidade e masculinidade rachando así cos roles e estereotipos asignados.
Desmontemos cos contos eses estereotipos que dificultan a convivencia pacífica entre nenas e nenos.
AS NENAS
As nenas necesitan outros modelos nos que reflexarse. Dende moi pequenas a sociedade, ensina as nenas que a súa valía está determinada primordialmente pola súa beleza, o seu rol reproductivo, a súa delgadez, por ser sensibles, cariñosas e obedientes e non pola súa intelixencia , asertividade creatividade e capacidad crítica ou de liderazgo.
OS NENOS
As emociones non son só
cousas de nenas… É moi importante que os nenos aprendan a expresar tamén de forma axeitada as súas emocións, moitas vetadas como xénero, que pode rematar sendo unha das sementes de maltrato no futuro. Teñen que sentirse libres para falar sobre iso, para evitar que esa frustración xenere agresividade e violencia : ” os nenos non choran”, ” iso é cousa de nenas”…
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
“As sementes da violencia seméntanse nos primeiros anos de vida, cultívanse e desenrólanse durante a nenez e comezan a dar os seus froitos malignos na adolescencia”
Precisamos, a través dos contos, mostrar ás nenas e ós nenos outros modelos cos que identificarse, para que vexan que SOMOS IGUAIS; nenas fortes, nenos sensibles.
Os contos fomentan a empatía. É dicir, a capacidade de poñerse no lugar doutro e identificar as emociones alleas. Os contos son unha gran ferramenta para a coeducación, pero antes de enseñar hábitos, debemos aprender a ser, como dicía Aristóteles, a nosa mellor versión posible de nós mesmos. Esa é a felicidade. E para alcanzala temos que desaprender, criticarnos, ver e comprender, saber identificar un entorno ou situación violenta tanto no ámbito doméstico, no ámbito escolar como no ámbito persoal. Só así poderemos cambiar o que non funciona.