Raposadas en Taboexa
Chegou o outono… A miña viaxe coma raposa comezou cunha visita moi especial á Escola de Taboexa para merendar coa cativada e a mestra Karina. Non me puideron tratar mellor: fixéronme de agasallo uns debuxos fermosísimos, un retrato precioso e ata unha galiña ben gorda por se quedaba con fame!

Dámoslle volta ao conto en Carballo
En Dámoslle volta ao conto non só narramos historias, rescatamos a memoria de quen nos precedeu. Hoxe a protagonista foi a miña avoa: aquela nena sen escola que facía contas coa mente mentres cruzaba a fronteira no tempo do estraperlo. Unha muller valente que me deixou a mellor herdanza posible. Mil grazas a cada unha das familias que vos achegastes a darlle a volta á historia connosco. E un agradecemento moi especial ao Concello de Carballo a Igualdade e a Carme por coidar cada detalle con tanto mimo e por ser tamén altofalante do amor pola nosa lingua.

Nano vai á escola no Espazo Apego de Santiago
Sabemos que os comezos poden dar un chisco de medo, pero para Nano, esta nova etapa é unha oportunidade marabillosa. Nano enfróntase ao cole dende a súa esencia: como un galegofalante que descobre o mundo na súa lingua.
Porque aprender, xogar e facer moreas de amigos no noso idioma non é só unha lección, é unha auténtica festa!!
Grazas familias do Espazo Apego de Santiago por acompañarnos! Grazas Raquel e Uxía por estar pendentes de todo!!
Ata o próximo conto!!!

Romaría no festival de Cobo a Xunco de Cervo

Nano vai á escola en Moeche
Moi ben o pasamos, este sábado, medrando en galego con Nano. Grazas a Cristina do Concello por estar pendente de todo, grazas ás familias por tanto agarimo!! Desfrutade moito na escola, en galego, sempre. “NANO VAI A ESCOLA” gozamos coa historia de Nano, unha ra pequena que se enfrontaba á súa primeira vez na escola. Os máis pequenos da casa (e os non tan pequenos!) pasaron unha mañá estupenda acompañando a Nano no seu camiño, descubrindo canto vale ter personalidade e lingua propia.
Grazas a todas as familias que vos achegastes a compartir esta actividade con nós.

Na túa man en Cespón, Boiro
Hoxe a Capela de San Roque acolleu unha sesión moi especial durante as festas de Cespón. Baixo a inspiración de Nellie Bly, a primeira reporteira de investigación, compartimos a sesión de contos pola igualdade Na túa man.
Ao fío dunha misteriosa nota anónima, viaxamos por historias que poñen no centro o respecto, a comunicación e a tolerancia. Desmitificamos o “amor romántico” e abrimos paso a novos modelos de relacións máis saudables: con mulleres decididas, homes que expresan a súa tenrura e a certeza de que coidar tamén é cousa de homes.
Grazas ao Concello de Boiro, a Deputación da Coruña e a todas as persoas que vos achegastes a escoitar e reflexionar. O cambio está nas nosas mans… ¡está NA TÚA MAN!

A maleta da Mestra en Exipto (Boiro)
Aínda coa emoción no peito polo vivido na Romaría de Exipto!! Grazas de corazón a todas as familias e á xente miúda que se acomodou ao redor para escoitar a historia de A maleta da mestra. Viaxamos 90 anos atrás, ao peor momento da nosa historia, para lembrarlle ás novas xeracións o poder da comunidade. Porque a Pisapouquiño, a mestra, non a salvou un superheroe: salvouna a unión de toda a parroquia, a astucia dunha presa de pícaras e pícaros… e a valentía dunha gansa moi especial! Que bonito é ver a memoria viva nos ollos das cativas e cativos.
Grazas por compartir este tempo, por escoitar con tanto agarimo e por facer da cultura un espazo de encontro.

Romaría no Espazo Apego De Santiago
Hoxe pola tarde fun coas familias, do Espazo Apego De Santiago, de Romaría” Viaxamos por camiños cheos de personaxes fantásticas, misterios e contos que as nosas avoas e avós contaban á carón do lume. Unha viaxe compartida para conectar coas nosas raíces da forma máis fermosa: a través da nosa lingua e do xogo.
Grazas por vir!!!

Cinema Marabillas en Toques
Hoxe o Cinema Marabillas fixo parada na Escola de Verán de Toques! Pasámolo en grande compartindo historias, risas e moita maxia con toda a rapazada. Dá gusto actuar cando o público ten tantas ganas de desfrutar e soñar esperto .
Grazas ao Concello de Toques, a Marina, a Deputación da Coruña pola confianza e a toda a cativada e monitoras pola súa atención e enerxía contaxiosa. ¡Foi un pracer enorme!

Travesías en Dodro no Festival Atlántica
Hai públicos que emocionan pola súa capacidade para escoitar, sorprenderse e deixar voar a imaxinación. Así aconteceu no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, no Concello de Dodro, onde compartimos unha nova sesión de Travesías dentro da programación do Festival Atlántica.
Gracias Miguel Muñiz polas fermosas fotografías!

Travesías no Pereiro de Aguiar
Grazas! CIM Pereiro de Aguiar por seguir programando actividades en prol da igualdade! Esta manán gozamos de Travesías. Aventuras de libro na Aula Concilia, entre princesas, dragóns e príncipes presumidos…

Romaría en Darbo
Que ben o pasamos de Romaría no adro da igrexa de Santa María de Darbo, no concello de Cangas, para toda a rapazada do CEIP San Roque de Darbo:

Cinema Marabillas no CEIP José Cornide Saavedra
Hoxe vivimos unha xornada chea de emocións, e moita imaxinación no CEIP José Cornide Saavedra da Coruña coa proposta Cinema Marabillas. A través das historias, as personaxes e a maxia do cine, as nenas e nenos convertéronse en protagonistas dunha aventura na que non faltaron a participación, a creatividade e os soños.

Romaría no CEIP Igrexa – Candeán
E sigo de Romaría, hoxe no CEIP Igrexa – Candeán de Vigo. Así de atenta estaba a rapazada:

Mariña na Cidade do Libro de Vilagarcía

Travesías no Centro Comercial Marineda City
Esta tarde embarcamos no Centro Comercial Marineda City da Coruña, e fomos de Travesías. Unha viaxe na que a través de escolmas de narracións descubrimos que valores como a valentía , a osadía , a coraxe….non entenden de xéneros.
Grazas familias, sodes unha tripulación ben aguerrida!

Raposadas na Estrada
Fun a facer Raposadas a Biblioteca Municipal da Estrada, grazas ao programa Ler Conta Moito. As historias e contos fixeron as delicias dos nenos e nenas estradenses. Que ben o pasamos!!

A viaxe de Nano na EEI da Pastora
Que ben o pasamos na inauguración da fermosa biblioteca da EEI da Pastora (Cambados). Foi unha honra formar parte!!! A gozar da nova biblioteca. Parabéns por todo o traballiño!! Grazas cativada, mestras, directora, familias e autoridades por vivir os contos!

Travesías en San Vicente do Grove
Seguro que nunca pensaches entrar no mundo dos contos grazas a unha píntega rabuda, e descubrir que unha princesa de conto tamén pode facer fronte a un temible dragón. Ou que túa avoa, noutro tempo, foi unha valente pirata… Baixo a atenta mirada da cativada e profesorado do CEIP As Bizocas embarcamos na Axencia de Lectura de San Vicente para vivir en Travesías auténticas aventuras de Libro; viaxes cheas de aventuras de nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños. Grazas, tripulación!! Ata o próximo conto!!! Grazas, Uxia, por contar comigo!!

Travesías no Colexio Guillelme Brown
Hoxe fun de Travesías coas crianzas do Colexio Guillelme Brown de Pereiro de Aguiar. Foi unha viaxe chea de aventuras na que puidemos coñecer a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.
Quero agradecer ao Centro de Información á Muller de Pereiro de Aguiar por facer posible este encontro e por apostar sempre por achegar a igualdade e a cultura á cativada. Grazas de corazón tamén ao alumnado e ao profesorado pola súa escoita tan atenta, respectuosa e agarimosa.
Da gusto compartir historias con nenas e nenos así, que escoitan cos ollos e co corazón abertos. Xuntas e xuntos descubrimos que non hai límites para o que podemos chegar a ser!

Travesías no CEE Aspanaes de Elviña
Grazas por acollerme con tanto agarimo e vir de Travesías comigo. Sodes marabilla, rapazada!! Grazas por recibirme con tanta curiosidade, con doces apertas,e sorrisos lindos. Grazas á equipa educativa, Renato, Marisol e moitos máis, por compartir comigo o voso día a día, as vosas dinámicas e aprendizaxe, admiro moito o voso traballo. E por suposto a ANPA do CEE Aspanaes de Elviña, a Laura, que o fixo posible.
Ata o próximo conto, tripulación aventureira !!

Travesías na EEI Rúa Aragón
Hoxe visitei de novo a fermosa escoliña EEI Rúa Aragón en Vigo. Fomos de Travesías, na procura de Aventuras de libro. Ata hai pouco, os contos pintaban un mundo de heroes salvadores e princesas débiles, esquecendo ás mozas decididas. Pero os tempos cambian! Hoxe compartimos historias que transmiten igualdade, respecto e convivencia entre nenas e nenos. Porque para cambiar o mundo, primeiro temos que cambiar as historias que contamos.
Grazas polo vosa escoita tan agarimosa, cativada e mestras!!! Ata o próximo conto!!!

Begoña ao teléfono no Barco de Valdeorras
Feliz Día das Letras Galegas dende O Barco de Valdeorras!
Hoxe, 17 de maio, celebramos a gran festa da nosa lingua da man das familias que se achegaron a descolgar o teléfono máis literario con Begoña ao teléfono.
A través deste aparello tan especial, e o programa de radio, rendemos homenaxe á gran Begoña Caamaño conectando coas voces desas mulleres fascinantes que ela soubo reescribir con tanta forza. O fío telefónico levounos a escoitar a Penélope, que tece a súa propia historia máis aló da agarda; á herba e os conxuros da sabia Circe; e á misteriosa Morgana, que dende a brétema ten moito que contarnos sobre o poder e a memoria. Foi emocionante ver a avós, nais, pais, pequenos e pequenas escoitando con atención e redescubrindo o fío invisible que nos une á nosa lingua e a rebelde, feminista e activista Begoñísimaaaaa!!!
Moitísimas grazas ao Concello do Barco de Valdeorras pola invitación, a tropa de TonySon e a todas as familias que hoxe decidistes celebrar este día tan noso comigo. Falemos e coidemos a nosa lingua para que siga viva,

A viaxe de Nano na Biblioteca Nós de Ourense
Hoxe 14 de maio a Biblioteca Pública Nós de Ourende encheuse de ollos curiosos e moitas gañas de aventura. As máis cativas da casa agardaban por Nano, a ra rebuldeira, para marchar de viaxe… Nesta andaina non fixeron só falta maletas, tamén o noso idioma e moito agarimo. Xuntos descubrimos que o galego é a mellor ferramenta para compartir, soñar e facer novas amizades por onde queira que vaiamos.
Mil grazas a todas as familias viaxeiras que nos acompañastes nesta tarde de contos e lingua. Que non pare a viaxe!

Begoña ao teléfono en Alfoz
Homenaxear a quen tanto nos deu a través das palabras é un agasallo para a alma!!
Hoxe 13 de maio estiven no CEIP Castro de Ouro de Alfoz para achegar a figura da gran Begoña Caamaño á rapazada, co espectáculo Begoña ao teléfono.
Grazas, un ano máis, ás compañeiras da Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo por facelo posible. Viaxamos no tempo ata aquel patio común do barrio do Calvario onde unha Bego de 11 anos descubría a “Odisea”. Entre teas, cestas, pinzas da roupa e monicreques, fomos tecendo as historias de Penélope, de Circe… e ata recibimos a visita da misteriosa Morgana, que sempre ten segredos que contar.
Un privilexio ver como as novas xeracións gozan coa forza das nosas letras e do mundo femista da gran Begoña Caamaño

Romaría no CRA de Valga
Hoxe pola tarde regresei á fermosa escoliña do CRA de Valga para compartir coas familias a miña Romaría de contos e lendas da nosa terra. Acompañamos a Queliña, esa nena de aldea que apuraba a apañar as patacas para poder ir á festa cos seus amigos. Bailamos, brincamos e ata botamos carreiras de sacos!
Pero o mellor momento chegou coa tardiña, cando todos buscamos á avoa Tareixa para que nos contase esas lendas que serven para escorrentar o medo.
Grazas ao CRA de Valga por manter viva a chama da nosa tradición e por recibirme sempre con tanto agarimo.

Cinema Marabillas no CEIP Albino Suárez de Ourense
Hoxe 12 de maio a mañá foi de película no CEIP Albino Suárez de Ourense. Alí despregamos o Cinema Marabillas para descubrir que os contos que dormen nas estanterías tamén saben mover os pés e saír a bailar fronte aos nosos ollos. Pescudamos as primeiras adaptacións cinematográficas dos nosos libros favoritos nunha pantalla improvisada que nos fixo “ver o que lemos”.
Unha viaxe polas imaxes e as palabras para namorar, aínda máis, das historias.
Grazas a todo o cole por abrir ben os ollos e o corazón

Nanovo en Coristanco
Bebés, rás e moito conto en na Biblioteca de Coristanco! Hoxe 8 de maio vivimos unha tarde moi bonitiña coas familias cullarapas.
Xuntas coñeceron á ra máis rebuldeira, Nano, ese personaxe que medra en galego a través dos contos que invento. Entre cancións, xogos de dedos e palabras suaves, os máis pequenos e pequenas tiveron ese primeiro contacto máxico co mundo dos libros.
Quero dar as grazas de corazón ás familias, ao Concello de Coristanco, ao programa Ler Conta Moito e a Mónica, por acollerme con tanto agarimo. Dá gusto contar así!

Travesías no CEIP Carballal – Cabral
E para seguir coa festa do Día do Libro… hoce 29 de abril puxémonos en ruta no CEIP Carballal (Cabral)!
Fomos de Travesías, navegando entre páxinas e viaxes imaxinarias.
Un pracer ver como os libros seguen sendo o mellor motor para descubrir mundos novos.
Grazas por esta travesía tan especial e por celebrar a lectura con tanta ledicia e atención!!

Raposadas en A Capela
Hoxe martes 28 de abril, a Casa da Cultura de A Capela encheuse de contos e trasnadas!
Pasámolo de medo facendo “Raposadas” con toda a rapazada do cole. Non hai mellor público que o que ten os ollos coma pratos e as orellas tesas para escoitar historias de raposas pillabanas.
Grazas ao Concello, a Anabel, a Ler Conta Moito e ao cole por convidarme a enredar coas palabras!