PROPOSTA DE ACTIVIDADES
Todas as persoas debemos ter os mesmos dereitos e oportunidades independentemente do sexo co que nacemos.
Os contos fomentan a empatía. É dicir, a capacidade de poñerse no lugar doutro e identificar as emociones alleas. Os contos son unha gran ferramenta para a coeducación, pero antes de ensinar hábitos, debemos aprender a ser, como dicía Aristóteles, a nosa mellor versión posible de nós mesmos. Esa é a felicidade. E para alcanzala temos que desaprender, criticarnos, ver e comprender, saber identificar unha contorna ou situación violenta tanto no ámbito doméstico, no ámbito escolar como no ámbito persoal. Só así poderemos cambiar o que non funciona.
ÍNDICE
1 REPERTORIO DE CONTOS DE SOMOS IGUAIS
AMELIA HEARTH
Un conto biográfico que nos ensina a seguir os nosos soños, por moi difíciles de realizar que parezan. Amelia Earhart ocupa un lugar destacado na historia da aviación, un mundo tradicionalmente asociado aos homes e conseguiuno a pesar da oposición da súa familia.
Para saber máis recomendo o libro Pioneiras Galegas que abriron camiño. Anaír Rodríguez. Ed. Xerais, Vigo 2018
CECILIA E O DRAGÓN
Cecilia, unha nena que se aburre coas súas tarefas cotiás e que anhela, máis que nada na súa vida, poder ir en busca dun dragón. Ás veces, imaxina que partiría ao rescate dun príncipe capturado por un destes máxicos seres, e ás veces, pensa que sería mellor atarse ela mesma a unha roca ata ver se iso atraería a algún.
Ela xa sabe que non son destinos propios dunha nena, pero o seu desexo é forte e claro. descríbenos a liberdade de opcións, a liberdade de escoller os camiños e os destinos, un bo libro tamén para traballar coeducación e, cun final inesperado.
Continúa a historia…
MESA. TRÁGAME
ARTUR E CLEMENTINA
Neste conto empregando a figura de animais personificados se reflexa o maltrato psicolóxico á muller, comeza pouco a pouco. As nenas e os nenos grazas a xogos dramáticos o identifican axiña.
Aquí dáse unha das formas de violencia máis daniña entre as parellas, aquela que a través da descualificación e desmedro do outro vai diminuíndo e liquidando a autoestima do que é agredido. Desta forma, cada vez que Arturo atopaba ridícula a Clementina coas súas preguntas, soños e aspiracións, esta atopábase á súa vez parva e aburrida, coidándose de mostrarse tal como realmente era fronte ao outro e coartando a expresión libre da súa ser. Que pensarán os nenos disto? Enfrontáronse a algunha situación similar cos seus amigos?
OLIVER BUTTON
O protagonista, Oliver, é un neno moi sensible, ao que lle gusta disfrazarse, coller flores, pintar, pasear, e a sensibilidade é unha característica que non está asociada ao “masculino”. Oliver é tamén moi valente, debido a que non se deixa abater ante os infortunios e aguanta os acontecementos negativos, mostrando desta maneira o seu gran valor como persoa. O tema que se aborda principalmente neste conto é o rol sexista. Que hai de malo en que a un neno gústelle saltar á corda, coller flores, disfrazarse, ler ou pintar? Aínda na sociedade na que vivimos estamos moi condicionados polos estereotipos sexistas que predominan en todo momento. Outro tema que tamén está presente é: a superación de conflitos. É un álbum ilustrado moi útil para traballar con péquelos a coeducación, o dereito á diferenza, a comprensión-incomprensión, o crer nun mesmo e no que se pensa, a pesar do que pensen os demais.
Algunhas actividades que se poden levar a cabo para facer cos nenos e nenas son:
1 A dramatización. Levar o conto ao teatro, xa que este permítenos ser outras persoas, coñecer sentimentos, a forma de ser, os seus gustos… en definitiva, axúdanos á ser máis tolerantes e comprensivos.
2 Creando a nosa historia: en grupos, os nenos e nenas escribirán un pequeno conto, no que eles e elas como protagonistas, non puideron facer algo na vida real por medo ou vergoña.
2 PESCUDA QUEN INVENTOU…
Limpaparabrisas
WIFI
Neveira
Bote salvavidas
Monopoly
Calefación central
Laser para correxir a visión
3 SOMOS IGUAIS NA PUBLICIDADE?
XOGUETES
Xogando ensaias o teu futuro. Rachando cos estereotipos de xénero:
Carlos vai ser papá
Ana vai conducir un camión
Ocórrenseche outros exemplos?
Mira o anuncio e comenta o que opinas:
A boneca que escolleu conducir:
LIMPEZA
Estereotipos femininos:
Eles tamén poden:
4 SOMOS IGUAIS NO DEPORTE?
17 medallas de España nos Xogos Olímpicos de Río 2016:
https://elpais.com/elpais/2016/08/21/media/1471803501_011503.html
As mulleres e o deporte: o machismo que non cesa:
http://www.huffingtonpost.es/sonia-sierra/las-mujeres-y-el-deporte-_b_11562150.html
17 mulleres que son historia do deporte:
https://m.vitonica.com/entrenamiento/las-xx-mujeres-que-han-hecho-historia-en-el-deporte
En Galicia tivemos a Irene González:
(Imáxenes do libro Pioneiras Galegas que abriron camiño. Anaír Rodríguez. Ed. Xerais, Vigo 2018)
5 SOMOS IGUAIS NO PATIO DA ESCOLA?
Os nenos á pista, as nenas ás beiras: o machismo no patio do colexio.
http://www.eldiario.es/sociedad/centro-periferia-machismo-colegios-intentan_0_719878340.html
O patio que queremos:
Raquel Queizás info@raquelqueizas.com www.raquelqueizas.com