Romaría en Chapela
Unha Romaría nun lugar espectacular: O Piñeiral do Crego, con fermosas vistas á ría de Vigo. A Biblioteca de Chapela saíu a tomar a brisa do mar á sombra dos piñeiros, unha festa para celebrar o Día das Bibliotecas!!!
Unha Romaría nun lugar espectacular: O Piñeiral do Crego, con fermosas vistas á ría de Vigo. A Biblioteca de Chapela saíu a tomar a brisa do mar á sombra dos piñeiros, unha festa para celebrar o Día das Bibliotecas!!!
«Sen bibliotecas, que nos quedaría? Non teriamos pasado nin futuro» (Ray Bradbury)
Por isto seguimos a celebrar que as bibliotecas existen!!!. Este venres o espectáculo de narración Romaría, chegou á Biblioteca de Ferrol.
230 mozas e mozos dos colexios Eduardo López e Manuela Rial Mouzo de Cee e tamén os usuarios de Aspadex, acompañáronme na Romaría para vivir os nosos contos e as nosas lendas. Foi esta mañá no auditorio da Casa da Cultura de Cee grazas á Fundación Fernando Blanco de Lema.
Esta función foi reseñada polo xornal La Voz de Galicia.
Hoxe a Romaría foi na biblioteca pública municipal de Sarria, ás 17.30, grazas ao programa Ler Conta Moito:
Así estaba todo listo, xusto a piques de comezar a Romaría na Biblioteca Pública Municipal de Padrón.
Esta mañá andiven de Romaría polo monte Galleiro, contando no medio da natureza, que ben presta. Unha terra chea de lendas que se agochan nas mámoas, na fonte da Muxa, no refuxio de El Seco… Alimentémonos da nosa historia para coñecernos mellor.
Vivín o roteiro como unha rapaza máis, percorrendo camiños cheos de amigxs e segredos, e compartindo lendas como quen comparte pan para a merenda. Grazas a José Manuel Soto Virulegio por convidarme, e grazas tamén a Isa Belita a nosa guía que nos ensinou o “rico” que é o monte e nos presentou a súa aguia. E de volta, ao remate, como me prestou a conversa con Ricardo falando de lobos que poden aparecer ao volta do camiño.