
Entrevista en Radio Kalimera
Grazas Monti Moriarti, por esta entrevista no Sapoconchos, o matutino de Rádio Kalimera
Grazas Monti Moriarti, por esta entrevista no Sapoconchos, o matutino de Rádio Kalimera
Dentro das actividades co gallo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, Pazos organiza un espectáculo que mestura o teatro e o cinema. “Cinema de Historias”, coa actriz Raquel Queizás, pretende divertir e espertar nas nenas e nos nenos “o amor polo cine, descubrirlles o poder que teñen as imaxes e o cinema para transmitir historias”. A cita é mañá mércores, día 10, ás 13.00 horasno Auditorio do Concello. Será a propia Alice Guy, a nai do cinema, a que esperte a curiosidade dos asistentes pola orixe da sétima arte. Como tantas outras, Alice Guy foi unha muller inxustamente esquecida. Foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, cámara, produtora, maga e moito máis.
O pasado 26 de febreiro os maiores que acuden aos Centros de Día de Redondela tiveron a oportunidade de gozar de Debullando contos, cunha sesión de contos moi especial creada, pensando específicamente neles, da man da Fundación Filomena Rivero Alonso e co apoio das Bibliotecas de Redondela.
Radio Redondela convidoume a falar do proxecto “Debullando Contos” na seguinte entrevista:
Enlace á entrevista en Radio Redondela
O Diario de Pontevedra fíxose eco do inicio do programa “Historias azuis, integra a diabetes na escola” nos colexios de Pontevedra.
Diario de Pontevedra, 4/11/2020