Conversa en Onda Cero con Susana Pedreira
Moitísimas grazas, Susana Pedreira pola entrevista tan entrañable de hoxe en Onda Cero Pontevedra.
Ups!! confundín Berrobambán teatro con Baobab teatro…Que cabeciña! . Con Berrobambán tamén estiven…Son tantas persoas as que tería que dar as grazas por axudarme no meu camiño, que non tiven tempo de mencionalas a todas!!!
Gustoume moito a entrevista. Semella unha conversa de amigas poñéndose ao día. Agora faltarían as miñas preguntas sobre ti, Susana, e a túa arte!!
Apertas!!! Ata a próxima historia
Cada xoves tomamos a última con pontevedreses, de nacemento ou de corazón, que nos falan dos seus proxectos. Unha charla coloquial e distendida que esta semana ten como protagonista a Raquel Queizás, contadora de historias, actriz, titiriteira e filóloga. Neste enlace directo á nosa web (Onda Cero) podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira en “Más de Uno Pontevedra”.