Onde se conta o que sucedeu o día no que Dulcinea do Toboso escapou do libro Don Quixote da Mancha. Aventuras e desventuras dunha muller, metade pailana, metade dama.
Cansa de que todos falen e opinen sobre ela, Dulcinea decide contarnos a súa versión dos feitos:
Como se coñeceron de pequenos ela e don Quixote; o seu grande amor polos libros; a máis fantástica aventura imaxinada dos muíños de vento; como foi o seu encantamento e moito máis…