


Entrevista en Cuac FM
Pablo Fernández entrevistoume no programa Café con gotas da emisora Cuac FM, o día 20 de febreiro de 2019. Falamos de contos (por suposto!) e de Buscando A Rosalía, o espectáculo que presentei o día 23 na Biblioteca Miguel González Garcés.

Raposadas na Biblioteca de Pontevedra
Hoxe pola tarde na Biblioteca de Pontevedra tiven visita, agardaba por min alí, Vituco, do Diario Cultural para parolar un chisco sobre os contos antes de facer unhas “RAPOSADAS”. Aquí tedes a ligazón por se queredes por a orella. A partir do minuto 11. Moitas grazas a Vituco e ao programa polo interese. Ata o próximo conto!!

Pontevedra Viva Radio. A Playlist de… Raquel Queizás
Dez cancións (hai moitas máis) que “debuxaron” a miña vida.
Nunca esquecerei este conversa con Marisa Ciordia, unha gran profesional de Pontevedra Viva, tan amable, intuitiva, graciosa e elocuente!! Parecemos dúas amigas que se poñen ao día despois de moito tempo sen verse. Grazas!!
Un cachiño de min, para quen queira escoitar ou oir:
“Nesta Playlist cóntanse moitas historias. A dunha nena á que marcaron inexorablemente as cancións e historias que a súa avoa cantáballe e contaba na pequena aldea de Queirugás. A dunha pequena que con cinco anos fixo unha viaxe de ciencia ficción… a Suíza. A de “Queliña” a meniña que hiptonizaba galiñas.”
“Segue conservando a esencia da nena que foi, que conformou a muller que é hoxe. A que lle acompaña nas súas sesións de contacontos e nas que incluíu a María Victoria Moreno coa súa “Ruta propia”. Así que pasen cinco anos, como diría Lorca e ben lembra Raquel Queizás en PontevedraViva Radio, merecerá a pena seguir escoitándoa contar historias, a súa ou a dos seus contos.”

Entrevista en Onda Cero Pontevedra
Aquí vos deixo a entrevista que me fixo Susana Pedreira de ONDA CERO para falar de Ruta Propia, a miña particular homenaxe a María Victoria Moreno. En A TERESITA, o seu coche, percorreremos colexios, bibliotecas, prazas…

Entrevista na Cadena Ser
Conversa que mantiven o 24/11/2014 con Pep Bruno e Juan Solo no programa da Cadena Ser Hoy por Hoy Guadalajara, na que narro (en castelán) Mariquiña, unha historia tradicional galega. Pódese escoitar o programa completo no blog de Pep Bruno Por los caminos de la tierra oral.