Hoxe pola tarde na Biblioteca de Pontevedra tiven visita, agardaba por min alí, Vituco, do Diario Cultural para parolar un chisco sobre os contos antes de facer unhas “RAPOSADAS”. Aquí tedes a ligazón por se queredes por a orella. A partir do minuto 11. Moitas grazas a Vituco e ao programa polo interese. Ata o próximo conto!!
Dez cancións (hai moitas máis) que “debuxaron” a miña vida.
Nunca esquecerei este conversa con Marisa Ciordia, unha gran profesional de Pontevedra Viva, tan amable, intuitiva, graciosa e elocuente!! Parecemos dúas amigas que se poñen ao día despois de moito tempo sen verse. Grazas!!
Un cachiño de min, para quen queira escoitar ou oir:
“Nesta Playlist cóntanse moitas historias. A dunha nena á que marcaron inexorablemente as cancións e historias que a súa avoa cantáballe e contaba na pequena aldea de Queirugás. A dunha pequena que con cinco anos fixo unha viaxe de ciencia ficción… a Suíza. A de “Queliña” a meniña que hiptonizaba galiñas.”
“Segue conservando a esencia da nena que foi, que conformou a muller que é hoxe. A que lle acompaña nas súas sesións de contacontos e nas que incluíu a María Victoria Morenocoa súa “Ruta propia”. Así que pasen cinco anos, como diría Lorca e ben lembra Raquel Queizás en PontevedraViva Radio, merecerá a pena seguir escoitándoa contar historias, a súa ou a dos seus contos.”
Aquí vos deixo a entrevista que me fixo Susana Pedreira de ONDA CERO para falar de Ruta Propia, a miña particular homenaxe a María Victoria Moreno. En A TERESITA, o seu coche, percorreremos colexios, bibliotecas, prazas…
Conversa que mantiven o 24/11/2014 con Pep Bruno e Juan Solo no programa da Cadena Ser Hoy por Hoy Guadalajara, na que narro (en castelán) Mariquiña, unha historia tradicional galega. Pódese escoitar o programa completo no blog de Pep Bruno Por los caminos de la tierra oral.
Cumprindo a lei 34/2002, de 11 de xuño, de servizos da sociedad da información e de comercio electrónico (LSSI), informolle que esta páxina emprega cookies. Coñece máis.